VertixeVIGO é un programa de concertos e actividades que ofrece unha panorámica ampla e desprexuizada da creación sonora internacional. Inclúe concertos de música contemporánea, música electrónica, música improvisada e obradoiros especializados. Serve de plataforma de presentación aos novos creadores e permite establecer vínculos culturais que reforcen a nosa identidade nun marco globalizado, dando mostra en tempo real da rica diversidade que está a renovar o discurso das artes sonoras na nosa época e na que VertixeVIGO quere desempeñar un activo protagonismo. Esta ambición lévanos a presentar nesta segunda edición seis estreas mundiais absolutas dalgúns dos compositores de maior repercusión internacional co apoio de entidades coma a Northwestern University (Chicago, EEUU), a American Academy in Rome (Roma, ITALIA), Edizioni Surbini Zerboni (Milán, ITALIA), o Fondo de Cultura Económica (MEXICO), o programa Ibermusicas (VVPP) ou o Festival Mixtur (Barcelona, España)Organizada por Vertixe Sonora, un dos colectivos máis destacados na aposta pola música contemporánea e polo diálogo e a confluencia entre a música e as artes, converte a Vigo nunha sala de concertos, nunha caixa acústica total na que se exploran novas relacións entre os espazos e o público, establecendo sinerxías que permitan ofrecer contidos culturais de calidade cun aproveitamento máximo dos recursos e infraestucturas da cidade.

 


Concertos

xoves 6, 20.30 h Espacio Sirvent (Av. Gran Vía 129)
PRODUKTIONSMITTEL II

mércores 12, 20.30 h. Museo Verbum (Av. de Samil 17)
ON SERRA: A BOOK OF FORMS

xoves 20, 21.15 h. Colegio de Arquitectos de Vigo (Rúa Doctor Cadaval 5)
O LUGAR CALADO

xoves 27, 13.30 h. Hall de ETSE Minas de la UVigo
PARTICLES

venres 28, 20.30 h.  Café De cuatro la cuatro (Rúa Girona 16)
CRÁTER

domingo 30 a las 20.30 h.  La Caja (Camino da Veiguiña 35 — Alcabre)
HOMENAXE A MARCELO TOLEDO

 

En paralelo

sábado 8 e domingo 9 | VigoSónico (Carretera del Portal s/n . Polígono Tecnológico de Valladares)
ÁNGEL FARALDO | DI SCIPIO STRING REPERTOIRE
16:00 a 22:00 Inscrición ao inicio da actividade/ Prazas limitadas/ Matrícula gratuita

martes 11 a domingo 16 CITA | Centro de Interpretación de las Torres Arcebispais (Av. de Santa María, Pontevedra)
JUAN CANTIZZANI — ESTUDOS AURAIS e SPATIAL PERCEPTION STUDY #12

martes 11 a venres 14, 10-14h| Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (Av. de Santa María, Pontevedra)
Obradoiro: ESTUDOS AURAIS
Inscripción ao inicio da actividade/ Entrada gratuita/ Plazas limitadas

sábado 15 e domingo 16 | Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (Av. de Santa María, Pontevedra)
Performance: Spatial Perception Study #12
sábado 15. Catro pases: 17.00h – 18.00h – 19.00h – 20.00h | Entrada gratuita/ Prazas limitadas
domingo 16.  Tres pases 11.00h. – 12.00h – 13.00h. | Entrada gratuita/ Prazas limitadas

5, 12, 27 e 28 de novembro, 10.00 h | Departamento de Composición Conservatorio Superior de Música de Vigo
cAuSaL: Encontros Internacionais de Composición

mércoles 5: Joan Arnau Pàmies (ERES)
mércoles 12: Valerio Sannicandro (IT)
xoves 27: Maxime Barthelèmy (FR), Lorenzo Troiani (IT)
venres 28: Henrik Denerin (SU), Victor Ibarra (MEX) y Madamme Cell (ERES)

Entrada libre ata completar aforamento salvo onde se indique o contrario