VertixeVIGO é un programa de concertos e actividades que ofrece unha panorámica ampla e desprexuizada da creación sonora internacional. Inclúe concertos de música contemporánea, música electrónica, música improvisada e obradoiros especializados.

Serve de plataforma de presentación aos novos creadores e permite establecer vínculos culturais que reforcen a nosa identidade nun marco globalizado, dando mostra en tempo real da rica diversidade que está a renovar o discurso das artes sonoras na nosa época e na que VertixeVIGO quere desempeñar un activo protagonismo.

Esta ambición lévanos a presentar nesta segunda edición seis estreas mundiais absolutas dalgúns dos compositores de maior repercusión internacional co apoio de entidades coma a Northwestern University (Chicago, EEUU), a American Academy in Rome (Roma, ITALIA), Edizioni Surbini Zerboni (Milán, ITALIA), o Fondo de Cultura Económica (MEXICO), o programa Ibermusicas (VVPP) ou o Festival Mixtur (Barcelona, España)

Organizada por Vertixe Sonora, un dos colectivos máis destacados na aposta pola música contemporánea e polo diálogo e a confluencia entre a música e as artes, converte a Vigo nunha sala de concertos, nunha caixa acústica total na que se exploran novas relacións entre os espazos e o público, establecendo sinerxías que permitan ofrecer contidos culturais de calidade cun aproveitamento máximo dos recursos e infraestucturas da cidade.

Entrada libre ata completar aforamento salvo onde se indique o contrario