II Festival Vertixe VIGO 2014
cAuSaL 2014
Conferencia

Henrik Denerin, Victor Ibarra e Madamme Cell

viernes 28 noviembre / 10:00H
Conservatorio Superior de Música de Vigo
Vigo

Encontros con Denerin Ibarra e Madamme Cell ao redor do seu traballo

cAuSaL: Encontros Internacionais de Composición

Espazo de encontro e discusión no que se dá a coñecer a obra dos compositores programados nesta edición do vertixeVIGO, e os procesos creativos que se agochan detrás do seu traballo. Organizado en colaboración co Departamento de Composición do Conservatorio Superior de Música de Vigo, os encontros completaranse coa asistencia a ensaios abertos nos que participarán intérpretes do Vertixe Sonora Ensemble.

cAuSaL está aberto a compositores, instrumentistas, estudantes e aquelas persoas interesadas na música contemporánea que desexen participar.