II Festival Vertixe VIGO 2014
Obradoiro

Angel Faraldo: DI SCIPIO_String Repertoire

ANGEL FARALDO, DI SCIPIO

8/11/2014 - 9/11/2014
EAV - IES de Audiovisual
Vigo

Este obradoiro achéganos ó pensamento e á obra de Agostino Di Scipio a través da montaxe de 2 PIECES STRING REPERTOIRE (2012), unha obra que introduce interesantes reflexións en torno os instrumentos tradicionais e a súa relación coa tradición e a práctica instrumental actual, así coma un inxenioso emprego da microfonía.

2 PIECES STRING REPERTOIRE foi concebida para un número indeterminado de instrumentistas de cordas que reproducirán a través dos auriculares dun mp3 situados contra a caixa de resonancia do seu instrumento amplificado fragmentos de repertorio previamente gravados. O obradoiro rematará coa presentación por primeira vez en España da obra de Di Scipio o día 12 de novembro no VERBUM.

Inscrición ó inicio da actividade | Entrada gratuita | Prazas limitadas