1. Obxecto e xeneralidades
2. Condicións xerais de uso
- Propiedade intelectual e industrial
- Os contidos
- A nosa responsabilidade
3. Política de privacidade
1. Obxecto e xeneralidades
As presentes Condicións Xerais de Uso, Condicións de Venda e Política de Privacidade (en adiante, “as Condicións”) regulan o uso do sitio web https://vertixesonora.gal (en adiante “este web”), do que é titular Vertixe Sonora.
A través deste web, Vertixe Sonora proporciona información da súa programación de actividades. En caso de que calquera cláusula das presentes Condicións sexa declarada nula, as demais cláusulas seguirán vixentes e interpretaranse tendo en conta a vontade das partes e a finalidade mesma das Condicións.
Vertixe Sonora poderá non exercitar algúns dos dereitos e facultades conferidos neste documento o que non implicará en ningún caso a renuncia aos mesmos, agás recoñecemento expreso por parte de Vertixe Sonora ou prescrición da acción que en cada caso corresponda.
As presentes Condicións réxense pola lexislación española aplicábel na materia. Para resolver calquera controversia ou conflito que se derive das presentes Condicións, as partes sométense á xurisdición dos tribunais da cidade de Vigo, salvo que a lei impoña outra xurisdición.
As persoas usuarias poden contactar no teléfono 635 575 665 ou no enderezo de correo electrónico info@vertixesonora.gal para resolver calquera dúbida que poida xorder respecto ás presentes Condicións.
2. Condicións xerais de uso
2.1. Propiedade intelectual e industrial
Os contidos textuais, fotografías e materiais audiovisuais baixo autoría de Vertixe Sonora e publicados neste web, así como a totalidade dos elementos gráficos, atópanse baixo licenza Creative Commons by-sa, polo que poden ser libremente reproducidos e distribuídos, total ou parcialmente, sempre que se cite a súa autoría e se publiquen baixo a mesma licenza.
Todos aqueles contidos creados por terceiros que Vertixe Sonora publica neste web manteñen a licenza de propiedade intelectual ou copyright baixo a que foran orixinalmente publicados.
O deseño web e a programación xeral deste web son obra de Berio Molina. O código fonte do web está liberado coa licenza GNU Affero 3, que permite unha distribución bastante ampla sempre que se respecten as súas condicións de recoñecemento. Para máis información sobre o deseño e a programación do web, pódese consultar o colofón desta páxina.
2.2. Acceso e estancia neste web. Os nosos contidos
As persoas usuarias son integramente responsábeis da súa conduta, ao acceder á información deste web, mentres naveguen na mesma así como despois de accederen accedido. Como consecuencia disto, as persoas usuarias son as únicas responsábeis ante Vertixe Sonora e terceiros de:
- As consecuencias que se poidan derivar dunha utilización, con fins ou efectos ilícitos ou contrarios ao presente documento, de calquera contido deste web, elaborado ou non pola empresa, publicado ou non baixo o seu nome de forma oficial.
- Así como das consecuencias que se poidan derivar da utilización contraria ao contido do presente documento e lesiva dos intereses ou dereitos de terceiros, ou que de calquera forma poida danar, inutilizar ou deteriorar este web ou os seus servizos ou impedir o seu uso normal por outras persoas usuarias.
Vertixe Sonora resérvase o dereito a actualizar os contidos cando o estime convinte, así como a eliminalos, limitalos ou impedir o acceso aos mesmos, de xeito temporal ou definitiva, así como denegar o acceso ao web a persoas usuarias que fagan un mal uso dos contidos e/ou incumpran calquera das condicións que aparecen no presente documento.
Vertixe Sonora non garantiza:
1. Que o acceso a este web sexa ininterrumpido ou libre de erro.
2. Que o contido ou software ao que as persoas usuarias accedan a través deste web non conteña erro algún, virus informático ou outros elementos nos contidos que poidan producir alteracións nos seus sistemas ou nos documentos electrónicos e ficheiros almacenados no seu sistema informático ou cause outro tipo de dano.
3. O aproveitamento que, da información ou contido deste web, as persoas usuarias puideran realizar para os seus propósitos personais.
A información contida neste web debe ser considerada polas persoas usuarias como divulgativa e orientadora, tanto con relación á súa finalidade como aos seus efectos, motivo polo cal Vertixe Sonora non garante a exactitude da información contida neste web e, por conseguinte, non asume responsabilidade algunha sobre os posíbeis prexuízos ou incomodidades para as persoas usuarias que puidesen derivarse dalgunha inexactitude presente neste web.
2.3. A nosa responsabilidade
Vertixe Sonora non asume responsabilidade algunha derivada, a título enunciativo pero non limitativo:
- Da utilización que as persoas usuarias poidan facer dos materiais deste web ou, xa sexan prohibidos ou permitidos, en infracción dos dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial de contidos deste web ou de terceiros.
- Dos eventuais danos e prexuízos ás persoas usuarias causados por un funcionamento normal ou anormal das ferramentas de procura, da organización ou a localización dos contidos e/ou acceso a este web e, en xeral, dos erros ou problemas que se xeren no desenvolvemento ou instrumentación dos elementos técnicos que este web ou un programa facilite ás persoas usuarias.
- Dos contidos daquelas páxinas ás que as persoas usuarias poidan acceder desde ligazóns incluídas neste web, xa sexan autorizados ou non.
- Dos actos ou omisións de terceiros, con independencia de que estes terceiros puidesen estar unidos a Vertixe Sonora mediante vía contractual.
- Do acceso de menores de idade aos contidos incluídos neste web, sendo responsabilidade dos seus proxenitores ou titores exercer un control adecuado sobre a actividade dos fillos ou menores ao seu cargo ou ben instalar algunha das ferramentas de control do uso de Internet co obxecto de evitar (i) o acceso a materiais ou contidos non aptos para menores, así como (ii) o envío de datos persoais sen a previa autorización dos seus proxenitores ou titores.
Vertixe Sonora non será responsábel en ningún caso cando se produzan:
- Erros ou incidencias que puidesen producirse nas comunicacións, borrado ou transmisións incompletas, de maneira que non se garante que os servizos deste web estean constantemente operativos.
- Dos erros ou danos producidos ao sitio web por un uso do servizo ineficiente e de mala fe por parte das persoas usuarias.
- Da non operatividade ou problemas na dirección de email facilitada polas persoas usuarias para o envío da confirmación do pedido.
- En todo caso, Vertixe Sonora comprométese a solucionar os problemas que poidan xurdir e a ofrecer todo o apoio necesario ás persoas usuarias para chegar a unha solución rápida e satisfactoria da incidencia.
- Así mesmo, Vertixe Sonora ten dereito a realizar durante intervalos temporais definidos, campañas promocionais para promover o rexistro de novos membros no seu servizo. Vertixe Sonora resérvase o dereito de modificar as condicións de aplicación das promocións, prorrogalas comunicándoo debidamente, ou proceder á exclusión de calquera das persoas participantes da promoción no suposto de detectar calquera anomalía, abuso ou comportamento pouco ético na participación dos mesmos.
3. Política de privacidade
De acordo co estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro informamos ás persoas usuarias de que os datos obtidos en calquera formulario deste web serán incorporados a un ficheiro automatizado baixo a responsabilidade de Vertixe Sonora coa finalidade de atender as súas consultas e remitirlle información relacionada que poida ser do seu interese. As persoas usuarias poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante un escrito a R/ Estrada, 6 1ºD, 36209, Vigo.
Vertixe Sonora comprométese a gardar a máxima reserva e confidencialidade sobre a información que lle sexa facilitada. Os datos das persoas usuarias serán utilizados para o envío de boletíns de novidades solicitados polas persoas usuarias que realice Vertixe Sonora.
Mentres non nos comunique o contrario,Vertixe Sonora entenderá que os datos das persoas usuarias non foron modificados, que se comprometen a notificarnos calquera variación e que temos o seu consentemento para empregalos para as finalidades mencionadas.
Para cancelar a súa conta, as persoas usuarias deberán escribir unha mensaxe a info@vertixesonora.gal desde o correo electrónico co que abriu a súa conta a co asunto “Cancelar conta”.
O envío dos seus datos implica a aceptación desta cláusula.