II Festival Vertixe VIGO 2014
Performance

Spatial Perception Study #12

JUAN CANTIZZANI

15/11/2014 - 16/11/2014
CITA - Centro de Interpretación das Torres Arcebispais
Pontevedra

Catro pases: 17.00h 18.00h 19.00h 20.00h | Entrada gratuita | Prazas limitadas

Serie de intervencións sonoras para lugar específico que exploran, desde o son e a escoita, certos comportamentos perceptivos e espaciais. Persegue un diálogo entre arquitectura, espacialidad, escoita e contorna ao redor da poética espazo­tempo. ¿Cómo traspasa o son o espazo construído?, ¿cómo un espazo esculpe, transforma e impregna calidades ao son?, ¿cómo a distancia de emisión transforma a nosa escoita? ou ¿cómo a propia arquitectura, a localización espacial ou a limitacións dos sistemas de emisión poden ser empregados como elemento compositivo ou de creación?

Parte de propostas e conceptos desenvolvidos por diversos artistas e investigadores coma: Toshiya Tsunoda en “O Respirar da Paisagem”, Alvin Lucier en “Wind Shadows”, “Empty vessels” ou “Small Waves”, Pascal Battus e as súas “Masaxes Sonoras”, ou Maryanne Amacher en “City­Links”

Juan Cantizzani (Lucena, 1978) Activo coma comisario e artista sonoro é unha voz fundamental na paisaxe sonora andaluza.

cAuSaL: Encontros Internacionais de Composición
Departamento de Composición Conservatorio Superior de Música de Vigo
AULA 10 11.00 h
mércores 5, Joan Arnau Pàmies martes 11, Valerio Sannicandro xoves 27, Maxime Barthelemy e Lorenzo Troiani
venres 28, Henrik Denerin, Victor Ibarra e Madamme Cell

Espazo de encontro e discusión no que se dá a coñecer a obra dos compositores programados nesta edición do vertixeVIGO, e os procesos creativos que se agochan detrás do seu traballo. Organizado en colaboración co Departamento de Composición do Conservatorio Superior de Música de Vigo, os encontros completaranse coa asistencia a ensaios abertos nos que participarán intérpretes do Vertixe Sonora Ensemble.

cAuSaL está aberto a compositores, instrumentistas, estudantes e aquelas persoas interesadas na música contemporánea que desexen participar.

martes 11 a venres 14 | Obradoiro: ESTUDOS AURAIS 10.00 14.00 Inscrición ó inicio da actividade/ Entrada gratuita/ Prazas limitadas