On Serra: A Book of Forms
Valerio Sannicandro, Agostino Di Scipio
Inspirado na famosa Lista de Verbos que redactara Richard Serra no 68, presentamos a estrea mundial de On Serra: A Book of Forms. A medio camiño entre o concerto de música e a instalación sonora On Serra: A Book of Forms foi ideada por VALERIO SANNICANDRO (Italia, 1971) para Vertixe Sonora Ensemble co apoio da American Academy in Rome (Marcello Lotti Italian Affiliated Fellow in Musical Composition 2013) para un dispositivo móbil de 5 instrumentos de vento e un percusionista que están a moverse nunha sala completamente resoante. O programa complétase coa presentación en España de 2 pieces for string repertoire para un número indeterminado de intérpretes de Agostino Di Scipio.
Colabora Conservatorio Superior de Música de Vigo. Coordinador Mario Peris.
Co apoio da American Academy in Rome
EM: Estrea Mundial
EES: Estrea en España