II Festival Vertixe VIGO 2014
concerto

As partículas da felicidade

Angélica V. Salvi + MIGUEL Carvalhais

Xoves 26 Novembro / 19:00H / 1H
0€
Fundación Laxeiro
Vigo

Angélica V. Salvi, residente en Porto, é unha das arpistas europeas máis activas na procura de novos horizontes sonoros para o seu instrumento. Propón xunto a Miguel Carvalhais un programa que abrangue dende o jazz, a música experimental ou a música cinematográfica reflectindo as infinitas posibilidades sonoras da arpa electroacústica.

Indagar os estados de felicidade foi a premisa baixo a cal María José Belenguer embarcou na obra que dá título ao concerto. O estadounidense Eric Chasalow dilucida a relación entre son e xesto a través da pregunta: que é danza e que non o é? Tamén á danza pertence Fall quinta parte do ballet Maa, escrito en colaboración coa coreógrafa Carolyn Carlson. A compositora finesa Kaija Saariaho explora a experiencia da travesía e do cambio —Maa en finés significa terra, territorio ou país. O multiecléctico compositor danés Jens Vilhelm Pedersen, máis coñecido polo seudónimo de Fuzzy conduciranos coa súa divertida obra B-Movies a través dos clichés sonoros empregados nas películas de terror da serie B.

 

Kaija Saariaho (HelsinkiFinlandia1952-2023)
Fall (1991)
Eric Chasalow (EE.UU1955)
What is danced (and what is not) (2002)
Maria José Belenguer (Castellón1983)
As partículas da felicidade (2012)
Fuzzi (Dinamarca1939)
B-movies (1997)

VERTIXE SONORA
Arpa: Angélica V. Salvi
Electrónica: Miguel Carvalhais