II Festival Vertixe VIGO 2014
obradoiro

Estudos aurais

JUAN CANTIZZANI

11/11/2014 - 14/11/2014
CITA - Centro de Interpretación das Torres Arcebispais
, Pontevedra)

Estudos aurais. Vibración, espazo e percepción Cantizzani propón a exploración de certas formulacións relacionadas coa percepción, o espazo ou a vibración. A nosa contorna produce de forma constante unha abundancia de vibracións que poderíamos considerar, en termos de acústica e espazo arquitectónico como unha “expansión do espazo”. Calquera lugar forma un patrón específico de vibracións, que podemos considerar como o “contexto” deste espazo, un acontecer de eventos (obxectos, accións e axentes) que se expresa na continuidade da existencia temporal e espacial. Espazo como sistema vibratorio.

Juan Cantizzani (Lucena, 1978) Activo coma comisario e artista sonoro é unha voz fundamental na paisaxe sonora andaluza.