I Festival Vertixe VIGO 2013
Concerto

O Gran Cabrón

Stefan Prins, Germán Alonso

jueves 14 noviembre / 14:45H
Centro Comercial da Cidade Universitaria da Uvigo
Vigo

A transformación do visual e do audible; a realidade transformada, alterada, mesmamente enganada pola acción humana e tecnolóxica.

STEFAN PRINS (Bélxica, 1979) Piano Hero #1 (2011) teclado midi, electrónica en vivo e video
GERMÁN ALONSO (España, 1984) El Gran Cabrón (2012) saxofón barítono e electrónica en vivo

VERTIXE SONORA Pablo Coello, saxofóns | David Durán, teclado | Ramón Souto, electrónica e difusión de son

O espazo

A partires do magnífico Colexio Universitario de Vigo (CUVI, 1977) —actual Facultade de Filoloxía e Traducción— obra de Desiderio Pernas perfectamente adaptada a unha orografía cun forte desnivel, desevolveuse a actual configuración, un referente da arquitectura contemporánea, que conta, entre o seu patrimonio, con obras de Enric Miralles e Benedetta Tagliabue Alberto Noguerol e Pilar Díez, César Portela ou Gabriel Santos Zas. Xunto á decena de escolas e facultades, nas que se imparte a súa oferta académica, neste campus, localízanse o edificio da Reitoría, o de Servizos Centrais, a biblioteca central, o centro comercial e as instalacións deportivas como a piscina, o ximnasio ou as pistas de atletismo. Ademais, no mesmo centro da cidade de Vigo, a Universidade conta con instalacións docentes como as escolas de Estudos Empresariais e de Enxeñaría Técnica Industrial.