O Gran Cabrón
Stefan Prins, Germán Alonso
A transformación do visual e do audible; a realidade transformada, alterada, mesmamente enganada pola acción humana e tecnolóxica.
O espazo
A partires do magnífico Colexio Universitario de Vigo (CUVI, 1977) —actual Facultade de Filoloxía e Traducción— obra de Desiderio Pernas perfectamente adaptada a unha orografía cun forte desnivel, desevolveuse a actual configuración, un referente da arquitectura contemporánea, que conta, entre o seu patrimonio, con obras de Enric Miralles e Benedetta Tagliabue Alberto Noguerol e Pilar Díez, César Portela ou Gabriel Santos Zas. Xunto á decena de escolas e facultades, nas que se imparte a súa oferta académica, neste campus, localízanse o edificio da Reitoría, o de Servizos Centrais, a biblioteca central, o centro comercial e as instalacións deportivas como a piscina, o ximnasio ou as pistas de atletismo. Ademais, no mesmo centro da cidade de Vigo, a Universidade conta con instalacións docentes como as escolas de Estudos Empresariais e de Enxeñaría Técnica Industrial.