I Festival Vertixe VIGO 2013
Experimenta 2013
Obradoiro

Improvisación Creativa

Alessandra Rombolá

14/11/2013 - 15/11/2013
Escola Municipal de Música
Vigo

A improvisación formou parte integrante da práctica musical en occidente até hai pouco tempo. Foi ao longo do século XVII que, coa fixación da notación musical, se ha ir perdendo aos poucos, empobreciendo a figura do músico, que pasa a ser estritamente interprete ou compositor. No entanto, a creación extemporánea segue sendo práctica común a moitísimas formas e estilos musicais de todo o planeta, desde a música da India, ou sen ir mais lonxe, o jazz ou o flamenco.

Para un músico (de calquera nivel), ser capaz de improvisar é un pouco coma ter ás. Significa ter a posibilidade de desenvolver o seu propio gusto, a súa relación co instrumento e a súa capacidade de interactuar con outros músicos. Pode ser tamén un instrumento eficaz á hora de superar complexos e desfacerse do tan temido “medo escénico.” Doutra banda, a improvisación é a miúdo un práctica colectiva, na que hai que aprender a respectar aos outros e sobre todo a escoitar. A un mesmo e aos que nos rodean.

Unha ocasión para facer música XUNTOS. Crear música no momento coas TÚAS IDEAS e A TÚA IMAXINACIÓN. Unha única agrupación para que alumnos de distintas especialidades instrumentais e de distintos niveis experimenten xuntos a creación en tempo real.

O curso está enfocado no desenvolvemento das habilidades creativas, individuais e colectivas, a escoita activa do material musical e a interacción entre músicos. As clases prevén a utilización de notación aberta, partituras gráficas, improvisacións estruturadas, dirixidas e libres.

Procédese por pequenos pasos para que ninguén en ningún momento póidase sentir incómodo ou inadecuado: todos podemos crear música! As clases estimulan a experimentación con «novas» técnicas instrumentais e a súa integración no emprego convencional do instrumento, para descubrir diferentes formas de creación/composición musical.

Primeiro día:

  • Toma de contacto cos instrumentistas.

  • Investigación do timbre de cada instrumento.

  • Exercicios de escoita do ambiente que nos rodea. Interactuación.

  • Exercicios de coordinación e de ritmo.

  • Introducción ás primeiras sinais para a improvisación dirixida.

Segundo día:

  • Exercicios para desenvolver a toma de decisións: imitar, ignorar, oporse, responder…

  • Xogos sonoros: pantasmas, burbullas, espellos.

  • Pequenas estruturas de dúos, tríos, sós…

  • Desenvolvemento de mais sinais. Improvisación dirixida con sinais.

  • E por fin: LIBRES!

 

Información e inscripcións:

info@vertixesonora.gal

  • Inscripción: 20 €

  • Destinatarios: Músicos de calquera idade, de todos os instrumentos, incluida a voz, procurándose ter grupos homoxéneos.

  • Non se require ningunha experiencia anterior.

  • Traballaránse dende grypos reducidos até orquesta grande.

  • O curso finaliza cun concerto no que os alumnos estarán involucrados como músicos, compositores e directores!

 

Alessandra Rombolá nace en Catanzaro, Italia. Empeza o estudo da frauta no Conservatorio da súa cidade (Vibo Valentia) e se gradúa no Conservatorio «G. Verdi» de Cuneo, Italia. Posteriormente trasládase a Londres onde obtén o Postgraduate Certificate in Performance e o Master in Performance and Related Studies no «Trinity College of Music». En Londres empeza o estudo das técnicas estendidas da frauta, a interpretación de partituras gráficas e a improvisación libre. O seu interese pola música contemporánea lévaa a colaborar con numerosos compositores, estreando obras como solista e en conxunto de camera. De extraordinaria versatilidade ben coma interprete ben coma improvisadora, traballou con distintos proxectos que involucran a danza, a arte plástico, o vídeo-arte, a narración, a electrónica, a improvisación dirixida ou libre.

Desde 2000 vive e traballa en Madrid. Como interprete conta con colaboracións -en conxunto e como solista- coa Orquestra da Escola Reina Sofía, o ensamble Cosmos XXI, o ensamble de frautas E-Wave, o ensemble Proxecto Guerreiro, OperaNova, Plural Ensemble, Ensemble Madrid, etc. Tocou en prácticamente todas a sala da cidade de Madrid, desde o Auditorio Nacional, ou o Auditorio 400 do Museo Reina Sofía até as salas máis alternativas como a Tabacalera de Lavapiés, Cruzamento, sala Menosuno, levando a cabo os máis distinto proxectos sempre co máximo entusiasmo e compromiso artístico.

Na súa faceta de improvisadora, leva anos desenvolvéndo a súa persoal linguaxe a través da utilización de frautas e de distintos instrumentos de cerámica, creando un universo musical e sonoro único. Traballou cos mais destacados músicos improvisadores da escena europea e foi convidada por distintos festivais en España e Europa e Lebanon. En 2009, foi elixida – xunto co percusionista Ingar Zach e o acordeonista Esteban Algora – para colaborar coa prestixiosa compañía de danza Merce Cunningham nas súas actuacións en Madrid. Gravou polos selos de música experimental Confront, Tañidos, Sillón, Sofa, Another Timbre, Ao-Maslakh e Con-v.

Alessandra tamén adícase ó ensino da frauta, dando cursos en distintos conservatorios e escolas. Desde 2006 é Profesora de Frauta por oposición e exerce o seu labor de titora no Conservatorio profesional «Vitoria de los Ángeles» de Madrid. En 2011 recibiu o Diploma de Especialización en música contemporánea do Conservatorio Superior de Estrasburgo baixo a guía do mestre Mario Caroli, recibindo a mención “Très ben a l´ unanimité du jury”. Desde 2011 é frauta solista do Vertixe Sonora Ensemble.

+ info: www.alessandrarombola.com