I Festival Vertixe VIGO 2013
Experimenta 2013
Concerto

Ulobit + kanukananina

Ulobit, kanukananina

viernes 1 noviembre / 21:00H
MARCO
Vigo

No derradeiro concerto do ciclo de Novos Medios, comisariado polo Instituto Galego de Sonoloxía teremos unha cita co trío multimedia galego Ulobit, cunha proposta moi especial na que un instrumento tradicional como a sanfona, actúa e influencia a xeración de imaxes e música en tempo real.

O segundo set da noite estará a cargo do portugues kanukanakina, maestro do curto cicuíto aplicado e buscador de músicas ocultas en xoguetes e outros aparellos électrónicos.

Ulobit é un proxecto formado por Ariel Ninas (sanfona), Horacio Gonzalez (video) e Xoan Xil (electrónica) baseado na improvisación e a experimentación, e que se move entre o erro sonoro/visual, a música incidental e os ritmos minimalistas.

+ info: www.ulobit.net

Miguel Pipa naceu en 1980 en Vila do Conde (Portugal). O seu primeiro contacto coa música foi a través da guitarra e a batería. Interesado dende idade temperá por descubrir novas sonoridades, pronto se achegou á exploración da música electrónica por software, e pouco despois, dende perspectivas que abranguesen aspectos de (de)construcción como hacking, circuit bending, DIY ou glitch.

Participou en obradoiros como Repensar Música Electrónica con Rafael Toral, Construción de Instrumentos con Rolf Gehlhaar, Software Bending con Ángel Faraldo e o seminario Connected Making con Peter Kirn. Como formador, conduciu obradoiros de circuit bending na Casa da Música (Porto), LCD (Guimaraes) e o Festival Circular (Vila do Conde). En 2000 nace kanukanakina, o seu proxecto performativo.

+ info: www.miguelpipafilipe.wordpress.com

Dende a súa apertura no 2002 a cidadanía viguesa sempre acolleu as propostas do MARCO con especial interese. A programación presenta unha oferta moi variada co obxectivo de conectar cos visitantes e, por riba de todo, crear e fomentar hábitos de consumo cultural. A liña de programación do MARCO céntrase en exposicións temporais, temáticas e colectivas, que dende o 2009 se complementa cunha nova liña de exposicións individuais. O programa educativo e o conxunto de actividades complementarias -xornadas, seminarios, conferencias, concertos, ciclos de cinema…- son outros compoñentes esencias da súa oferta.

Sito no antigo edifico dos xulgados e cárcere de Vigo (1880) —lugar moi vencellado á memoria colectiva— na súa reconversión no centro artístico de referencia en Vigo sufriu unha importante remodelación a cargo do o equipo vigués de arquitectos formado por Manuel Portolés Sanjuán, Francisco Javier García-Quijada Romero e Salvador Fraga Rivas, que mantivo a tipoloxía, distribución e o panóptico central da estructura orixinal o que de feito, constitúe un dos seus principais atractivos.