I Festival Vertixe VIGO 2013
Concerto

CONTINUUM

ALESSANDRA ROMBOLÀ, STEVE REICH

viernes 15 noviembre / 21:00H
Liceo Mutante
Pontevedra

ALESSANDRA ROMBOLÀ, frauta solista do Vertixe Sonora Ensemble, leva anos desenvolvendo a súa persoal linguaxe a través da utilización de frautas e de distintos instrumentos de cerámica, creando un universo musical e sonoro único.
Traballa con diferentes frautas e unha instalación de materiais de cerámica: azulexos de distintos tamaños e texturas, campás, aneis e outros obxectos cos que desenvolveu unha linguaxe moi persoal. A poética do seu traballo nace da busca dun mundo sonoro que integra o aire e a pedra nun intercambio que pode ser suave ou brutal, luminoso e sombrío.

De formación clásica, o seu interese pola música contemporánea lévaa a colaborar con numerosos compositores, estreando obras como solista e en conxunto de cámara. Especializada prinicpalmente no emprego de “técnicas estendidas” coa frauta coa intención de explorar a linguaxe da música contemporánea e o desenvolvemento da súa propia identidade musical. De extraordinaria versatilidade, ben coma intérprete ben coma improvisadora, traballou en distintos proxectos que involucran a danza, as artes plásticas, o vídeo-arte, a narración,a poesía sonora, a electrónica, a improvisación dirixida ou libre.

Traballou cos máis destacados improvisadores : Ingar Zach, Michel Doneda, Rhodri Davies, Xavier Charles, Jim Denley, colaborou con bailaríns como Hisako Horikawa, Valeríe Metiviér, ou a prestixiosa compañía de Merce Cunningham ademais de participar en importantes festivais como Hurta Cordel, No Spaghetti Edition ou Irtijal (Beirut)por nomear só uns poucos.

http://www.alessandrarombola.com/

URRO é un grupo pontevedrés interesado nas prácticas experimentais e na improvisación libre. Nado no 2008 ten numerosos cd-r editados co seu traballo.

Pendulum music é unha peza para micrófonos, amplificadores e altofalantes creada polo compositor norteamericano Steve Reich no ano 1968 e revisada no 1973.
Foi interpretada por vez primeira nun concerto polo propio Reich acompañado dos artistas Michael Snow, Bruce Neuman, Richard Sierra e James Tenney. Posteriormente sería interpretrada en numerosas ocasións, algunhas da versións máis coñecidas foron realizadas por Bang On a Can ou mesmo Sonic Youth.