Carlos Suárez + Miguel Negrão
Carlos Suárez, Miguel Negrão
O segundo concerto dentro do bloque de Novos Medios estará adicado á música acusmática, esto é, música feita para ser ouvida nun estado de alta concentración, sen estímulos visuais como videos ou músicos no escenario que desvíen a atención do acontecer sonoro. Tanto Carlos Suarez coma Miguel Negrão son grandes experienciados na produción de experiencias musicais inmersivas, que poden oscilar entre o drone máis minimalista e o máis duro industrial.
Neste concerto cuadrafónico no Museo de Arte Contemporánea de Vigo, os dous artistas ofreceránnos dous sets da súa mellor factura, e malia non haberá nada que ver, garantizamos que haberá moitísimo que escoitar.
Carlos Suárez é un compositor, etnomusicólogo e percusionista galego, Celanova 1966. Mestre compositor polo Conservatorio Superior de Música Simón Bolívar de Caracas (especialidade electroacústica). Etnomusicólogo polo Instituto Universitario de Estudos Musicais de Caracas.
Creou máis de 40 obras acústicas e electroacústicas. As súas viaxes de investigación por Venezuela e o caribe inícianse en 1989, principalmente ás áreas culturais afroamericana e indíxena no Amazonas, onde realiza gravacións e estudos sobre música e paisaxes sonoras. Ten transcrito máis de 36.000 compases de música tradicional de todo o mundo. Traballou como investigador para FUNDEF “Fundación de etnomusicología e folklore”, e para FINIDE “Fundación internacional de etnomusicología” durante 10 anos. No ano 2006 gaña en Venezuela o premio nacional de cultura polo seu libro “Los chimbángueles de San Benito”. No ano 2003 retorna a Galicia, comezando os seus estudos da paisaxe sonora galega co colectivo escoitar.org.
Realizou máis de 60 concertos, presentando as súas composicións en Venezuela (FLM, TTC), Brasil, Colombia, Perú, Chile (Ai-Maako, Tsonami.cl), Arxentina (Tsonami, CCEBA), Uruguai (CCE), Portugal (Binauralmedia, Miso Music, FuturePlace), Italia (Emufest), Francia (Festival de Bourges, Elektrophonie), Alemaña (Centro Cervantes, Field Recordings Festival) México (World Forum for Acoustic Ecology, CCEMX) USA (Flamingo Festival) e España (VigoTransforma, MARCO, In-Sonora, MACUF, Telenoika, Larraskito, JIEM, Arteleku, SONAR, Experimentaclub + LIMb0, Matadero, Zeppelín, VIBRA, Espazos Sonoros, Foro Creativa 2009, LABORAL Centro de arte).
+ info http://carlossuarez1966.wordpress.com/
Miguel Negrão é un artista sonoro nacido en Lisboa en 1981 que vén realizando proxectos de Drone e Ambient baixo o pseudónimo ZLB dende principios do novo milenio. Presentou a súa música en concertos por Portugal, España, Holanda e Alemaña, e compuxo pezas para o Wave Field Synthesis System da Fundación Game of Life (NL) e o Acousmonium do GRM (FR).
Licenciado en Matemáticas Aplicadas, recentemente recibiu un Máster en Sonoloxía polo Conservatorio da Haia cunha proxecto sobre estratexias de espacialización difusa. Dende 2012 é candidato doutoral no Sonic Arts Research Center en Belfast (IR).
Dende a súa apertura no 2002 a cidadanía viguesa sempre acolleu as propostas do MARCO con especial interese. A programación presenta unha oferta moi variada co obxectivo de conectar cos visitantes e, por riba de todo, crear e fomentar hábitos de consumo cultural. A liña de programación do MARCO céntrase en exposicións temporais, temáticas e colectivas, que dende o 2009 se complementa cunha nova liña de exposicións individuais. O programa educativo e o conxunto de actividades complementarias -xornadas, seminarios, conferencias, concertos, ciclos de cinema…- son outros compoñentes esencias da súa oferta.
Sito no antigo edifico dos xulgados e cárcere de Vigo (1880) —lugar moi vencellado á memoria colectiva— na súa reconversión no centro artístico de referencia en Vigo sufriu unha importante remodelación a cargo do o equipo vigués de arquitectos formado por Manuel Portolés Sanjuán, Francisco Javier García-Quijada Romero e Salvador Fraga Rivas, que mantivo a tipoloxía, distribución e o panóptico central da estructura orixinal o que de feito, constitúe un dos seus principais atractivos.