I Festival Vertixe VIGO 2013
Experimenta 2013
Instalación multisensorial

~~Kulunka~~

Yolanda Uriz

18/11/2013 - 22/11/2013
Casa das Campás,
Pontevedra

Anhelando un rencontro co tanxible, ~~ Kulunka ~~ busca o xeito de acercarnos a un novo paradigma de subxectividade baseado na consciencia sensorial que supere a sobrecarga de estímulos audiovisuais á que estamos sometidos. En ~~Kulunka~~ experimentamos como os nosos límites físicos transfórmanse vibrando en sicronicidade co espazo que nos rodea.

~~Kulunka~~ (2012) é unha viaxe a través de vibracións sono-lumínicas abrazadas por unha experiencia de son táctil. Ondas sonoras proxéctanse no espazo e vibran os nosos corpos nesta instalación onde percibir o son a través da vista e o tacto (ademais do oído) inmersos no mexer das súas oscilacións. ~~Kulunka~~ explora o comportamento do son nos tres estados máis comúns da materia: sólido, líquido e gasoso para facelo visible, tanxible e audible. ~~Kulunka~~ é unha nave na que despegar cara unha aventura «psiconauta» nun universo no que as fronteiras entre a realidade e a imaxinación se confunden nunha amalgama sensorial.

Nun recipiente transparente, membranas de altofalante transmiten infrasóns que activan resonancias da auga que contén, creando patróns xeométricos na súa superficie. Estas figuras son iluminadas e reflectidas nunha pantalla colgante ondulada sobre o visitante. Trasdutores tactiles fan vibrar unha plataforma onde xace o espectador, permitíndolle «escoitar» co seu corpo, evocando unha peculiar sensación de gravidade -e ás veces a falta dela- a través dos ritmos da composición. A serie harmónica das frecuencias inaudibles transmitidas á auga difúndese de xeito tridimensional a través dun sistema de son cuadrafónico.

~~Kulunka~~ xa foi presentada en Blikopener Festival 2012 (Holanda), Cultura Nova Festival 2012 (Holanda), Kontraste Festival 2012 (Austria), Seleccionados Encontros Novos Artistas 2012 (Pamplona), Sonic Acts Festival 2013 (Holanda), WRO Media-Art Biennale 2013 (Polonia) e TodaysArt Festival 2013 (Holanda).

Yolanda Uriz (Pamplona, 1982) basea o seu traballo na creación de experiencias sensoriais inmersivas realizando traballos de instalación, música experimental ou video-arte. Vive en Holanda, onde finalizou os seus estudos de ArtScience. Presentou o seu traballo en festivais como Sonic Acts (NL), WRO Media-Art Biennale (PL), STRP (NL) ou SPARK (USA), entre outros.

Simultáneamente, é programadora da serie Wonderwerp en Studio Loos (A Haia, NL) para a promoción de formas experimentais de arte en directo.

+ info www.yolandauriz.info

O espazo

Na rúa de D. Filiberto atópase un dos edificios máis misteriosos de Pontevedra: A Casa das Campás —edificación civil con campanario!— hoxe sede do vicerreitorado do campus da universidade. Considerada como a construción civil máis antiga e mellor conservada de toda a cidade, a Casa das Campás mantén a fachada orixinal do século XV. Segundo a lenda esconde o tesouro de Benito Soto, capitán da «Burla negra», o pirata máis temido do barrio mariñeiro da moureira que tras as suas correrías por Cabo verde, Azores ou Canarias volveu á súa terra e antes de ser axusticiado polos ingleses en 1830, deixou entre as paredes desta casa unha grande fortuna. Na actualidade acolle todo tipo de actos culturais, exposicións e concertos organizados polo vicerreitorado.

+ info: http://casadascampas.uvigo.es