I Festival Vertixe VIGO 2013
Alien

A cidade

sábado 30 noviembre / 20:30H / 1H
0€

A cidade é un proxecto que reflexiona sobre os sons que nos arrodean nas urbes contemporáneas. 

Baixo a coordinación de Deli Rial e a dirección dos docentes Iria Martínez, Roi Rodríguez e Juanca Vázquez todos eles cunha ampla experiencia e unha clara vocación de renovación pedagóxica no ámbito da música, a proposta explora novos enfoques sensoriais que permiten un achegamento ao territorio desde a escóita e a posibilidade de participar activamente en cada un dos procesos dos que consta un espectáculo musical de máxima esixencia. Ofrece a posibilidade de vivenciar a música contemporánea con naturalidade, a unha idade na que os mecanismos da creatividade manteñen a receptividade no seu máximo esplendor.

Un dilatado proceso que lles levou a investigar sobor das sonoridades que lles arrodean, concitando un inusitado interese pola escoita plena como forma de relación íntima co universo. A traverso de paseos sonoros espertan a súa sensibilidade pola percepción auditiva para descobrir, recompilar e indexar sons que despois ordenan en diferentes estruturas temporais que consiguen atrapar a esencia sonora do seu mundo.

Manuel R Valenzuela (España1980)
24 (2012) [R]
violonchelo amplificado acústicamente, piano a 10 máns, 4 megáfonos
Jacobo Gaspar (MosEspaña1975)
Sombras de inverno II (2013) [EG]
saxofón, violonchelo, piano, percusión, electrónica
Ramón Souto (VigoEspaña1976)
Durban (2013) [EG]
saxofón, violonchelo, guitarra eléctrica, piano, percusión, feedback

R: Repertorio
EG: Estrea en Galicia. Repertorio Vertixe Sonora

 


VERTIXE SONORA
Guitarra eléctrica: Rubén Barros
Saxofón: Pablo Coello
Piano: David Durán
Electrónica: Ángel Faraldo
Violonchelo: Thomas Piel
Piano: Haruna Takebe
Percusión: Diego Ventoso