Introdución ao ámbito de audio dixital SuperCollider
Miguel Negrão
SuperCollider é un ámbito e linguaxe de programación destinada á composición algorítmica e a síntese de audio dixital en tempo real. Consiste nunha linguaxe interpretada orientada a obxectos que funciona como un net-client dun servidor de síntese de son en tempo real. SuperCollider foi creado por James McCartney e actualmente é un proxecto de código aberto (GPL) mantido e desenvolvido por unha comunidade en rede. É usado tanto por músicos e artistas coma por científicos.
Neste obradoiro de introdución a SuperCollider, Miguel Negrão encargarase de guiarnos polos aspectos fundamentais do ámbito:
-
Introdución ao ámbito de audio SuperCollider.
-
Instalación e configuración.
-
Definicións de síntese, UGens.
-
Sinais periódicos, sinais dixitais.
-
Osciladores, xeradores de ruído.
-
Envolventes.
-
Synths.
-
Coleccións e estruturas de control.
-
Técnicas de síntese de audio: Síntese aditiva, AM, RM, FM.
-
Técnicas de síntese analóxica e síntese subtractiva.
-
Manipulación do servidor na linguaxe: Buses, orde de nodos, grupos, SynthDefs.
-
Scheduling, tasks, routines
-
Interacción co mundo real: MIDI, OSC.
Máis información e descargas: http://supercollider.github.io/
Información e inscripcións: institutogalegodesonoloxia@gmail.com
-
Inscripción: 20 €
-
Número máximo de participantes: 12
-
Destinatarios: músicos, artistas, científicos e público en xeral
Miguel Negrão é un artista sonoro nacido en Lisboa en 1981 que vén realizando proxectos de Drone e Ambient baixo o pseudónimo ZLB dende principios do novo milenio. Presentou a súa música en concertos por Portugal, España, Holanda e Alemaña, e compuxo pezas para o Wave Field Synthesis System da Fundación Game of Life (NL) e o Acousmonium do GRM (FR).
Licenciado en Matemáticas Aplicadas, recentemente recibiu un Máster en Sonoloxía polo Conservatorio da Haia cunha proxecto sobre estratexias de espacialización difusa. Dende 2012 é candidato doutoral no Sonic Arts Research Center en Belfast (IR).
+ info: www.friendlyvirus.org/miguelnegrao/
O espazo
Dende a súa apertura no 2002 a cidadanía viguesa sempre acolleu as propostas do MARCO con especial interese. A programación presenta unha oferta moi variada co obxectivo de conectar cos visitantes e, por riba de todo, crear e fomentar hábitos de consumo cultural. A liña de programación do MARCO céntrase en exposicións temporais, temáticas e colectivas, que dende o 2009 se complementa cunha nova liña de exposicións individuais. O programa educativo e o conxunto de actividades complementarias -xornadas, seminarios, conferencias, concertos, ciclos de cinema…- son outros compoñentes esencias da súa oferta.
Sito no antigo edifico dos xulgados e cárcere de Vigo (1880) —lugar moi vencellado á memoria colectiva— na súa reconversión no centro artístico de referencia en Vigo sufriu unha importante remodelación a cargo do o equipo vigués de arquitectos formado por Manuel Portolés Sanjuán, Francisco Javier García-Quijada Romero e Salvador Fraga Rivas, que mantivo a tipoloxía, distribución e o panóptico central da estructura orixinal o que de feito, constitúe un dos seus principais atractivos.