Overture
Overture
É posible baleirar un texto? Cando un texto deixa de ser texto para comezar a ser son, para comezar a ser lixeiro? Cando se perde o significado? Onde está a mensaxe? O texto atende só á palabra? A idea só atende á palabra? Podemos ver o ruído? Podemos borrar a emoción? Onde no son chegou a emoción? Hai un silencio para cada emoción? O texto segue despois do silencio? É posible escoitar a idea aínda que nunca se diga? Seremos quen de deixar soar a palabra? Que fala o ruído? Podemos borrar as ideas? Tachar os sons? Aínda estamos a tempo? Se non hai idea… é posible o erro?
Proxecto multidisciplinar onde a imaxe, o texto e o corpo se atopan para buscar os límites do discurso, nomear o innomeable, plasmar o que non ten e deformar o establecido. Queremos vivir no desastre, describir o caos, atravesar o erro e explorar os límites da linguaxe. Unha experiencia escénica na que o corpo, a voz e o son (ruído/música) mostran unha fala irracional; abren as portas do inconsciente, sementan o escenario de dúbidas, erros e elipses. Non é un concerto nin un recital poético. Ou si. Ou iso pensamos.