vertixe 9
obradoiro

20.36 ozt

sábado 11 diciembre / 10:00H
Facultade de Belas Artes
Pontevedra

Reserva a túa entrada

Esta actividade está dirixida a estudantes da Facultade de Belas Artes e, en xeral, a calquera persoa interesada.

Tatiana Gerasimenok (1992) é unha artista multidisciplinar e investigadora bielorrusa afincada en Alemaña. Os seus traballos hibridan diferentes formas artísticas transmediais, nomeadamente a música, a instalación, a performance, o video e o teatro musical, combinando nas súas obras arte e tecnoloxía nun todo inseparable.

Neste obradoiro coñeceremos algúns traballos da artista e, posteriormente, as persoas participantes interpretaremos diferentes videopartituras que forman parte da derradeira obra inédita de Tatiana Gerasimenok “20.36 ozt” que actualmente está a desenvolver con Vertixe Sonora.

Tatiana Gerasimenok naceu en Bielorrusia e estudou composición no Conservatorio Tchaikovsky de Moscova. Foi seleccionada compositora para residencia e bolsa na Kulturstiftung Schloss Wiepersdorf (Alemaña, 2020), Künstlerhaus Salzwedel (Alemaña, 2020), Residencia da Creación Pirineos-Mediterráneo(España, 2020), Künstlerdorf Schöppingen (Alemaña, 2020, 2019). Os seus traballos foron estreados no festival MATA de Nova York (EE.UU., 2019), Internationale Ferienkurse für Neue Musik (Alemaña, 2018). Seleccionada compositora para Académie Voix Nouvelles (Francia, 2017), Akademie Schloss Solitude de Stuttgart (Alemaña, 2017), EBMF International Summer Academy for Young Composers en Nova York (EE.UU., 2017), Sixth International Young Composers Academy en Cidade Tchaikovsky (Rusia, 2015, 2016). Os seus traballos foron presentados na radio Pulsar CISM de Montreal (Canadá, 2018), exposición de partituras gráficas “Sound Graphics” na Biblioteca Nacional de Rusia en San Petersburgo (Rusia, 2018), etc.