vertixe 9
Conferencia

Corpos re-soantes

Jose Pablo Polo

lunes 20 diciembre / 12:00H
Facultade de Belas Artes
Pontevedra

O escritor e pensador Ramón Andrés afirma que «o que fala faino porque teme non ser visto» defendendo así un concepto do sonoro e da escoita baseados no ser e no estar. Un concepto que nos conduce a unha idea do existir a través do espazo sonoro que xeramos e habitamos: en definitiva, somos porque soamos. Entón: que espazo sonoro habita un corpo en movemento?, que espazo sonoro habita un corpo dende a quietude?, como conectar a enerxía respiratoria a partir do son?, como deixar de soar se existe a imposibilidade de pechar os ouvidos?, onde reside a emoción das pulsacións humanas tan básicas como o berro, o xadeo, as nosas pisadas, a nosa voz falada, a voz cantada?

A partir destas preguntas, o compositor e artista sonoro José Pablo Polo investiga e desenvolve un tipo de linguaxe sonora baseado no tratamento tecnolóxico dos corpos en movemento co que xera unha especie de espellos sonoros que cuestionan a nosa mirada e a nosa escoita.