Oficio de armas
Ramón Otero, Djordje Markovic, Miguel Azguime, Alberto Carretero
Reserva a túa entrada
Se Alberto Carretero achégase da man de Emilia Pardo Bazán, aos sutís procesos psicolóxicos da sensibilidade feminina en O encaixe roto; o compositor serbio Djordje Markovic suliña en Proximidade aspectos relacionados co ruido e a alienación que pasan inadvertidos na experiencia cotiá. Pola súa banda Otero Moreira homenaxea o noso patrimonio natural no seu novo traballo: Solitarias infindas as sequoias. Presentamos Oficio de armas: o fragor da batalla, a paisaxe calma, e un mundo sen homes; tres imaxes complementarias da guerra e as súas consecuencias. Completa o programa Point Vermeil (2021) para violín só e electrónica do grande compositor portugués Miguel Azguime
No marco das actividades organizadas polo Concello de Tui con motivo das celebracións dos 450 anos Batalla de Lepanto, o 7 de outubro de 1571, presentamos tres estreas mundiais para cuarteto e trío de cordas. Un xeito inmellorable de dar a coñecer e proxectar de cara as vindeiras xeracións o fermoso retablo de A Nosa Señora do Rosario (arquitecto anónimo portugués, 1740), magnífica táboa que acolle a igrexa monacal conventual de San Domingos de Tui.
Proxecto financiado polo INAEM, Ministerio de Cultura y Deporte
Financiado pola Unión Europea-Next Generation EU
EM: Estrea mundial
EG: Estrea en Galicia
1Co apoio do INAEM