vertixe 9
Entrevista.

Tempo mareado

Carlos Sandoval

domingo 24 octubre / 12:00H
Auditorio da Xunta en Campolongo

Encontro co xenial creador mexicano, compositor residente nesta edición do vertixe 9.

A través dunha conversa fonda, aberta e sinceira percorrerá os seus intereses coma artista multidimensional e descobrirá algunhas das chaves do seu pensamento musical.

Nesta extensa entrevista dividida en 14 cortes a personalidade tranquila e poliédrica, o espírito independente e sinxelo de Carlos Sandoval amosará na diversidade das súas inquedanzas debullando diferentes aspectos do seu traballo: o uso do video como ferramenta composicional; a súa formación inicial; a relación entre notación e interpretación; a obsesión da nosa época pola precisión, o profesionalismo e o control; a interacción e transformación nos procesos de traballo; a figura tutelar de Conlon Nancarrow e a creación do seu arquivo; a «identidade» mexicana da súa música; a súa «non-carreira» musical; as súas  achegas noutras disciplinas artísticas; a importancia do nomadismo e a migración no seu traballo; a relación con Ursula Kleinhenz e o documentario sobre a morte; e a «inesabilidade» artística entre outros aspectos.

 

 

Proxecto financiado polo INAEM, Ministerio de Cultura y Deporte
Financiado pola Unión Europea-Next Generation EU

vídeos