vertixe 9
Concerto

Noeud-Col Gabbeh

Sylvain Marty, Liao Lin-Ni, Yulan Yu, Alyssa Aska

Tuesday 19 October / 20:00H
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Pontevedra

Reserva a túa entrada

En persa gabbeh significa: natural, cru, intacto, sen cortar. En francés noeud-col nó-cela, a mínima estructura na construcción dunha alfombra. As alfombras persas Gabbeh son tecidas tradicionalmente polas mulleres das tribos nómades do suroeste de Irán. As alfombras Gabbeh teñen un máximo de 100.000 nós-celas por metro cadrado, cunha media lixeiramente inferior a 70.000 nós. Dependendo das tribos, poden usar os nodos ghiordes e senneh. A trama, a urdimbre e o veludo están feitos de lá de ovella, xirada á man.

En Noeud-col Sylvain Marty (Francia) propón un tapiz discontinuo e turbulento coa cela aillada como eixo de organización. Alyssa Aska (Canada) reflexiona sobre a memoria a través dunha unha melodía que esvara coma un soño lembrando que todo o que se conserva sufre distorsións co paso do tempo en The layers of harmony (As capas da harmonía). Pola súa banda Lin-ni Liao (Taiwan) compón a partires dun mesmo xesto físico de activación dun tam-tam a obra Do-our- Nature’s soft inspirada nos versos finais de Emily Dickinson incluidos en A magnífica nada (The Gorgeous nothing Nova Iorque, Ed. Christine Burgin / New Directions, 2013). Por último en Tresspass Yulan Yu (China) combina video e electrónica nunha proposta de veras singular.

ALYSSA ASKA (Canada) The layers of harmony* para violoncello e percusión
LIN-NI LIAO (Taiwan) Do-our- Nature’s soft** para arpa e percusión
SYLVAIN MARTY (Francia) Noeud-col* para arpa, trompeta, trompa amplificados
YULAN YU (China) Tresspass* para arpa, trompeta, trompa, electrónica e video

*Estrea mundial. Encomenda de Vertixe Sonora
**Estrea mundial. Encomenda de Vertixe Sonora. Co apoio edition – maison ONA, París

VERTIXE SONORA Carlos Cortés trompeta | Simon Lewis trompa | Bleuenn Le Friec harpa | Diego Ventoso percusión | Thomas Piel violoncello | Mateo Barcia difusión sonora

 

Proxecto financiado polo INAEM, Ministerio de Cultura y Deporte
Financiado pola Unión Europea-Next Generation EU