vertixe 9
Concerto público. Curso Internacional de Composición

BM7 Concerto final

Friday 16 July / 17:00H

PRAZAS LIMITADAS. ENTRADA PREVIA INSCRIPCIÓN ATA COMPLETAR LOCALIDADES.

Dende a Villa Pilar en Pontevedra e coa participación dos compositores convidados nesta 7º edición Francesco Filidei e Oscar Bianchi e a colaboración do Laboratorio Phonos de Barcelona e a Universitat Pompeu Fabra, presentamos o Concerto Final que dá remate ao Curso Internacional de Composición Barcelona Modern.

Unha edición que por mor da COVID leva desenvolvéndose de xeito telemático e incluiu paneis de lectura e ensaios intensivos para os que foron seleccionados 24 compositores de diversas nacionalidades. Despois das primeiras sesións en maio e o traballo dos derradeios días, catro pezas musicais darán boa conta do traballo desenvolvido.

Os intérpretes de Vertixe Sonora Pilar Fontalba ao óboe, Jesús Coello no fagote, Nuno Marques coa guitarra eléctrica e Ángel Faraldo nos medios electrónicos, levan colaborando nun traballo de creación con 12 dos participantes seleccionados dende o xerme inicial da obra musical ata a súa realización final explorando as posibilidades sonoras individuais de cada instrumento e do singular agrupamento. En paralelo o ensemble Barcelona Modern desenvolveu un traballo similar con outros 12 compositores e o propio Ángel Faraldo á sua vez director do Laboratorio Phonos dictou un curso de iniciación ao uso dos medios electrónicos na composición. Un xeito de plasmar algúns dos obxectivos artísticos e pedagóxicos da iniciativa, entre eles, contribuír á formación de novos compositores e á difusión da súa obra, mellorar espazos de interrelación (creadores novos, compositores establecidos, músicos profesionais) e facilitar, promover e estimular o achegamento das novas audiencias á música do noso tempo.

Tsu-Yao Yang (Taiwan) Esbozo de Zobeide* para óboe amplificado
Chun-Ting Pang (Hong Kong, China, 1983) Fiestras, papel e luz* para óboe, fagot, guitarra eléctrica, electrónica
Alfred Jimenez (Suecia, 1988) Ascensións mudas* para fagot, guitarra eléctrica, electrónica
José Luis Perdigón (Santa Cruz de la Palma, España, 1990) Flim-Flam* para óboe, fagot, guitarra eléctrica, electrónica 

VERTIXE SONORA Pilar Fontalba óboe | Jesús Coello fagote | Nuno Marques guitarra eléctrica | Ángel Faraldo electrónica

Coa colaboración de: NEMONON & Mauro Lomba – Arquitecto.

 

Proxecto financiado polo INAEM, Ministerio de Cultura y Deporte

Financiado pola Unión Europea-Next Generation EU

vídeos