Oficio de armas
Ramón Otero, Djordje Markovic, Miguel Azguime, Alberto Carretero
Reserva a túa entrada
Se Alberto Carretero achégase da man de Emilia Pardo Bazán, aos sutís procesos psicolóxicos da sensibilidade feminina en O encaixe roto; o compositor serbio Djordje Markovic suliña en Proximidade aspectos relacionados co ruido e a alienación que pasan inadvertidos na experiencia cotiá. Pola súa banda Otero Moreira homenaxea o noso patrimonio natural no seu novo traballo: Solitarias infindas as sequoias. Presentamos Oficio de armas: o fragor da batalla, a paisaxe calma, e un mundo sen homes; tres imaxes complementarias da guerra e as súas consecuencias. Completa o programa Point Vermeil (2021) para violín só e electrónica do grande compositor portugués Miguel Azguime
No marco das actividades organizadas polo Concello de Tui con motivo das celebracións dos 450 anos Batalla de Lepanto, o 7 de outubro de 1571, presentamos tres estreas mundiais para cuarteto e trío de cordas. Un xeito inmellorable de dar a coñecer e proxectar de cara as vindeiras xeracións o fermoso retablo de A Nosa Señora do Rosario (arquitecto anónimo portugués, 1740), magnífica táboa que acolle a igrexa monacal conventual de San Domingos de Tui.
RAMÓN OTERO MOREIRA (A Coruña, España) Solitarias infindas as sequoias* (2021) para cuarteto de cordas amplificado
DJORDJE MARKOVIC (Serbia) Proximidade* (2021) para trío de cordas amplificado
MIGUEL AZGUIME (Portugal) Point Vermeil (2021) para violín só e electrónica
ALBERTO CARRETERO (Sevilla, España) O encaixe roto* (2021) para cuarteto de cordas
*Estrea mundial
VERTIXE SONORA Vitor Vieira, violín | Ana Carmen Sánchez violín | Francisco Caldeira, viola | Hugo Paiva, violoncello | Miguel Azguime, electrónica en vivo | Miguel Otero, difusión sonora
Proxecto financiado polo INAEM, Ministerio de Cultura y Deporte
Financiado pola Unión Europea-Next Generation EU