SAÍR [vir]
Yana Shliabanska
Reserva a túa entrada
Perfomance concebida e deseñada pola artista artista sonora e visual Yana Shliabanska (UCRANIA) para o panóptico superior do MARCO en Vigo. Activarase en estrea mundial o sábado 30 ás 20h.
Tres instrumentos melódicos para evocar a historia dos tres heroes ucraínos, homes anónimos, que se mergullaron baixo o reactor nuclear despois da explosión de Chernobyl (Ucraína, 1986) para abrir as válvulas e liberar auga radioactiva. Cecabes nin sequera se percataran da importancia e perigo da súa misión: seguían ordes.
YANA SHLIABANSKA (Ucrania) SAIR [vir]*
*Estrea mundial encomenda de Vertixe Sonora
VERTIXE SONORA Pilar Fontalba óboe | Alfonso Noriega viola | Guilherme Lapa baixo eléctrico
Proxecto financiado polo INAEM, Ministerio de Cultura y Deporte
Financiado pola Unión Europea-Next Generation EU