vertixe 9
Conferencia

ISCM – Sociedade Internacional de Música Contemporánea

Javier Hagen, Xacobe Gaspar, David Durán, Ramón Souto

Saturday 16 October / 12:00H
Nemonon
Pontevedra

Dende a súa aparición Vertixe Sonora apostou por desenvolver un espazo de apertura centrado na investigación e a creación sonora aberto aos creadores cun forte compromiso en termos de renovación da linguaxe. Dez anos despois cunha traxectoria avalada pola realización de máis de 200 concertos, a comisión e estrea de 200 novas composicións de 170 creadores e creadoras de 40 países, permanentes xiras internacionas… esa laboura atopa un singular recoñecemento internacional co convite por parte da ISCM – Sociedade Internacional de Música Contemporánea a formar parte da institución co obxectivo de recuperar e dar un novo pulo a ISCM – España, a sección española da ISCM.

Con esta designación dende Vertixe Sonora esperamos impulsar o coñecemento e a difusión internacional da música española e contribuir ao intercambio cultural no eido da creación sonora internacional.

Nesta conferencia explicaremos a importancia da ISCM – Sociedade Internacional de Música Contemporánea na difusión da música contemporánea no eido internacional e os logros acaecidos dende a súa creación no lonxano 1922, cando fora establecida en Salzburgo coma Internationale Gesellschaft für Neue Musik (IGNM) para organizar un festival anual nun dos 14 países membros ata actualidade.

En España, por exemplo e grazas a súa mediación tiveron lugar acontecementos tan importantes como a estrea do Concerto de violín de Alban Berg interpretado por Louis Krasner e a Orquestra Pau Casals dirixida por Hermann Scherchen en sustitución de Anton Webern o domingo 19 de Abril de 1936 (poucas semanas antes do golpe de estado) no Palau de la Música Catalana en Barcelona. Neste enlace podes consultar algunhas das obras mestras estreadas gracias a esta institución ao longo do século XX que a convirten nun dos eixos fundamentais da música do noso tempo.

ISCM – Sociedade Internacional de Música Contemporánea

Relatores.

Javier Hagen, cantante, integrante do dúo UMS ‘n JIP, presidente de ISCM Switzerland, director do Foro Suízo do Festival de Música Contemporánea Wallis, ponente nos consellos da Conferencia Europea de Promotores de Nova Música ECPNM (2014-8), a Swiss Music Edition e a Comisión da UNESCO para o Inventario do Patrimonio Cultural Inmaterial no Cantón do Valais (2009-18).

Xacobe Gaspar, compositor, Vicedirector do Conservatorio Superior de Música de Vigo

David Durán, pianista, programador en Vertixe Sonora

Ramón Souto, compositor, director artístico de Vertixe Sonora