LATEXOS 22
Vertixe nos MUSEOS CIENTÍFICOS
Concerto para estudantes

Mundo pequeno

Luns 28 Marzo / 11:00H
Domus
A Coruña

Sesión didácticas para centros de secundaria da cidade do programa Mundo pequeno

A partires da idea de mundo pequeño, das conexións entre diferentes elementos que aparentemente non son veciños entre sí, e que a través de sucesivas conexións son interconectados todos entre eles (as redes sociais de internet son un exemplo) concebiuse unha topoloxía musical de mundo pequeño tomando como elemento inical un cuarteto de saxofóns, que en diferentes combinacións se conecta con diferentes solistas instrumentais: violín, guitarra eléctrica ou electrónica en vivo

Vertixe Sonora comisionou  novas composicións para este proxecto de Lula Romero, Luc Döbereiner e Jeremías Iturra, xunto a estrea en Europa da composición de Wolf Edwards

 

PROGRAMA

Lula Romero (España) Ohne auβen* (2022) guitarra eléctrica e cuarteto de saxofóns
Luc Döbereiner (Alemaña) Small Worlds (2022) 4 saxofóns tenores e electrónica en vivo
Wolf Edwards (Canadá) Torque (2021) cuarteto de saxofóns
Jeremías Iturra (Chile) Camera oscura** (2022) violín e cuarteto de saxofóns

*Co apoio da Akademie der Künste (Alemaña)
**Co apoio de SACEM (Francia)

 

VERTIXE SONORA Elena Rey violín | Nuno Pinto guitarra eléctrica | Luc Döbereiner electrónica | Moisés Barreiro, Pablo Coello, Sara Méndez, Adrián Pais cuarteto de saxofóns

Presentación Ramón Otero

 

 

LATEXOS. Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña