LATEXOS 22
Residencia artística

ChumA

Daniel Zea

26/2/2022 - 27/2/2022
Auditorio Andrés Gaos
A Coruña

Residencia artística co compositor Daniel Zea (Colombia/Suiza, 1976) para a creación do espectáculo ChumA

Sábado 26 de febreiro: 10-14h / 17-20h
Domingo 27 de febreiro: 10-14h / 16-20h

Para asistencia, enviar mensaje a info[at]vertixesonora.gal co asunto ‘Residencia Zea’ e indicando o tramo horario de asistencia

 

SOBRE O PROXECTO

Swallow! (2019) catro performers, catro ordenadores usando algoritmos de recoñecemento facial, xeradores de texto, vídeo e sons electrónicos

Borracho Digital (2018) sampler (usando glitches e sons roubados de videoxogos) saxofón, guitarra eléctrica, percusión e xerador de textos en tempo real

ChumA* (2022) acordeón, trompa, trompeta, trombón, saxofón, 2 clarinetes, 2 violas, 2 violonchelos, guitarra eléctrica, percusión, electrónica e xerador de partituras en tempo real

*Estrea mundial. Encomenda de Vertixe Sonora

 

Neste programa presentamos dúas visións contrastadas da música na actualidade. Swallow e Borracho Digital fan referencia á desenfreada fascinación do home contemporáneo pola tecnoloxía. Nestas obras, a música é vehículo poético de reflexión e crítica; unha forma de tomar posición. En paralelo ao discurso musical créase unha narración, algo así como a descrición abstracta da nosa realidade a partir de enumeracións e imaxes que xurden do uso de xeradores de textos aleatorios que proveñen de mensaxes de spam e hashtags controvertidos ou prohibidos.

Pola súa parte, e de forma completamente contraposta, en ChumA, unha creación especialmente escrita para Vertixe, propoñemos un ritual no que a música redescubre a súa esencia: ser o vehículo dunha comunicación entre o espírito e a divindade. Unha peza na que o público estará dentro dun dispositivo circular, en semiescuridade, promovendo a escoita meditativa. Unha perspectiva que se opón á visión distópica da primeira parte do concerto: a utopía tamén pode ser a opción para a creación contemporánea

 

Daniel Zea. Deseñador, artista sonoro e compositor suizo-colombiano establecido en Ginebra. O seu universo artístico xira en torno á música instrumental e electroacústica, a perfomance híbrida involucrando vídeo, son, sistemas de captación xestual e physical computing, así como a programación. Colabora regularmente en proxectos interdisciplinares (danza contemporánea, performance, artes visuais) e é profesor da Alta Escola de Arte e Diseño de Ginebra (HEAD) onde conduce un laboratorio de interactividade e programación. Forma parte da dirección artística do Ensamble Vortex no que participa como compositor e intérprete de música electroacústica.

 

LATEXOS. Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña