SaX-Xperience I
Percorrido por tres cuartetos de saxofón do repertorio clásico contemporáneo de compositores de nacionalidades diferentes (Francia, España e Alemaña). Experiencia acompañada por unha das obras para saxofón solo referentes do repertorio clásico contemporáneo.
IXOR é o proxecto educativo desenvolvido por Pablo Coello no Conservatorio Superior de Música da Coruña en torno á interpretación da música clásica contemporánea. Abarcando todas as disciplinas instrumentais, nesta ocasión preséntase como grupo de saxofóns.
PROGRAMA
Fabien Levy DURCH In memoriam Gérard Grisey* (1998) cuarteto de saxofóns
Jacobo Gaspar Figuras con sólidos e líquidos (2017) cuarteto de saxofóns
Françoise Rossé Le Frêne Égaré (1979) saxofón alto
Robin Hoffman Der blutige Schaffner (1996) cuarteto de saxofóns
*Presentación en Galicia
IXOR saxofóns: David Luís García soprano | Diego Garrigo, Liliana Ortega alto | Efrén Soto tenor | Sérgio Piñeiro barítono
LATEXOS. Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña