LATEXOS 22
Vertixe nos MUSEOS CIENTÍFICOS
Concerto para estudantes

ChumA

Daniel Zea

Luns 25 Abril / 12:00H
Domus
A Coruña

O yagé ou ayahuasca, considérase, polos seus efectos psicoactivos e purgantes, a planta sagrada por excelencia, a “liana da alma” para as tribos de Perú, Ecuador, Brasil e Colombia. Ao longo da Amazonia occidental estende a súa presenza ata o principio dos tempos e representa o cordón umbilical que une aos individuos co pasado mítico.

Extraida da cortiza dunha vide parasitaria adherida a grandes troncos da selva, hérvese xunto a diferentes follas para variar os seus efectos; coma resultado, unha bebida amarga que comparten os participantes do rito. Os rituais fanse a campo aberto cun lume no medio para invocar protección. O “taita” reza, canta, está atento e esparexe o fume do tabaco como incenso. O canto impulsa o rito e desempeña o rol máis importante da celebración.

A súa acción é integral: física, mental e espiritual. A nivel físico produce o transo (ou borracheira), a “chuma”; e tamén actúa como purga, producindo vómitos e diarreas para a limpeza corporal. A nivel mental propón un reto á conciencia e, á súa vez, esperta o subconsciente traendo lembranzas, inquedanzas, animando momentos e revelando verdades. No espiritual, crea “pintas”, alucinacións e imaxes, as revelacións da planta: o suxeito multiplica as corporeidades, personalidades, divindades, plantas e identidades que conviven nel.

A purga con yagé é unha experiencia catártica e liberadora que pode abrir a posibilidade dunha vida conscente, plena e satisfactoria, un espazo para a exploración da propia conciencia. Esta “investigación” da mente e da alma mergulla a cada persoa no fondo do seu inconsciente para revelar a orixe dos seus bloqueos emocionais e asumir a tarefa de eliminalos. Pero o uso desta sagrada brebaxe indíxena tamén pode resultar letal: hai quen non volta da descuberta por non empregar as debidas precaucións. Porque o yagé non se pode tomar de calquera xeito…

En ChumA presentamos un concerto monográfico do compositor colombiano residente en Xenebra, Daniel Zea, un dos máis activos creadores na escena multimedia internacional. No programa preséntase en exclusiva mundial a obra que dá título ao concerto, o seu derradeiro traballo, un convite a 14 solistas do Vertixe Sonora especialmente adestrados para celebrar o rito do yagué. Nesta presentación obténse o máximo proveito das especiais condicións acústicas do MIHL transformado nun dispositivo circular que arrodea ao público en semiescuridade promovendo unha escoita meditativa e ritualizada no que a música redescubre a súa esencia coma vehículo de comunicación entre o espírito e a divindade.

Porque Swallow e Borracho Dixital  toman posición e en paralelo ao discurso musical crean unha narrativa, unha descrición abstracta da realidade a partires de enumeracións e imaxes que xurden do uso de xeradores de textos aleatorios que proveñen de mensaxes de spam e hashtags controvertidos ou prohibidos.

Swallow! (2019) catro performers, catro ordenadores usando algoritmos de recoñecemento facial, xeradores de texto, vídeo e sons electrónicos
Borracho Dixital (2018) sampler (usando glitches e sons roubados de videoxogos), saxofón, guitarra eléctrica, percusión e xerador de textos en tempo real

*Estrea mundial. Encomenda de Vertixe Sonora

VERTIXE SONORA Pablo Coello saxofón, laptop | Nuno Márquez guitarra eléctrica, laptop | David Durán, Haruna Takebe sampler, laptop | Diego Ventoso percusión | Daniel Zea medios electrónicos

Presentación Ramón Otero

 

Daniel Zea. Deseñador, artista sonoro e compositor suizo-colombiano establecido en Ginebra. O seu universo artístico xira en torno á música instrumental e electroacústica, a perfomance híbrida involucrando vídeo, son, sistemas de captación xestual e physical computing, así como a programación. Colabora regularmente en proxectos interdisciplinares (danza contemporánea, performance, artes visuais) e é profesor da Alta Escola de Arte e Diseño de Ginebra (HEAD) onde conduce un laboratorio de interactividade e programación. Forma parte da dirección artística do Ensamble Vortex no que participa como compositor e intérprete de música electroacústica.

 

 

LATEXOS. Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña