VIII Festival Vertixe Sonora 2020
Universo Macías: Así Pasen 25 Anos
Conversa. Concerto.

Antistrofas. Intrahistoria dunha encomenda

Enrique X. Macías, Amando

Saturday 7 November / 20:30H
Auditorio Martín Códax
Vigo

Coa colaboración de FUNDACIÓN PHONOS

En 1993, con motivo da retrospectiva “Pinturas e instalacións” no Castelo de Soutomaior o pintor Amando (Vigo, 1951) procura a complicidade do seu amigo Enrique X. Macías ao quen encomenda unha nova obra, Estrofas, para a súa estrea na inauguración. Unha obra para a que conta coa inestimable colaboracióndo do cellista do Ensemble Intercontemporain de París Pierre Strauch. Este convite está na xénese dunha das partituras máis recoñecidas de Enrique X. Macías. Así Estrofas irá evoluíndo e ampliando a súas dimensións primixenias ata convertirse en Antistrofas (1993-95) para violoncello só. Con posterioridade Macías continuou a traballar neste material e desenvolveu unha parte electrónica opcional coa que se presentou a obra en concerto público en dúas ocasións sen chegar a unha versión definitiva completamente do seu agrado.

Estrofas, Antistrofas (1993-95) exemplifica claramente as problemáticas asociadas ao legado de Macías. De xeito similar a como acontecera en Itinerario de Luz é preciso en primeiro termo un traballo de investigación hermenéutico e filolóxico que permite refacer a parte electrónica da obra. Pero si naquela ocasión dispoñíase de moi boa  documentación e o traballo da electrónica fora concluído completamente, non ocorre así no caso de Antistrofas o que dificulta enormemente a restauración dun material definitivo. O seu colaborador habitual Miguel Azguime o resume así: “toda vez que en vida do compositor o traballo da electrónica non foi rematado e o compositor sempre considerou a electrónica de Antistrofas como algo opcional, pregúntome, precisa a obra da electrónica?” Ademáis continúa: “aínda que exista unha gravación con electrónica que data de 1995 dispoñible a través do CD duplo de Miso Records, a electrónica desenvolvida na época (que non fora recoñecida polo compositor como unha versión final) utilizaba procesadores de efetos de inicios dos anos 90 de dificil aceso actualmente”.
Neste concerto, que conta coa colaboración da Fundación Phonos, mostra o estado da investigación arredor deste traballo; unha primeira aproximación realizada por Ángel Faraldo que con tempo, e a partir das gravacións e indicacións do arquivo persoal do compositor e os seus máis próximos colaboradores permita recuperar para o repertorio unha obra fundamental da música contemporánea en Galicia.

Enrique X. Macías: Antistrofas (1993-95) para violonchelo só
Amando: Antistrofas. Intrahistoria dunha encomenda
Enrique X. Macías: Antistrofas (1993-95) para violonchelo e electrónica*.

*Recreación de Ángel Faraldo a partir das gravacións existentes

VERTIXE SONORA Thomas Piel, violoncello | Ángel Faraldo electrónica