Antistrofas. Intrahistoria dunha encomenda
Enrique X. Macías, Amando
Coa colaboración de FUNDACIÓN PHONOS
En 1993, con motivo da retrospectiva «Pinturas e instalacións» no Castelo de Soutomaior o pintor Amando (Vigo, 1951) procura a complicidade do seu amigo Enrique X. Macías ao quen encomenda unha nova obra, Estrofas, para a súa estrea na inauguración. Unha obra para a que conta coa inestimable colaboracióndo do cellista do Ensemble Intercontemporain de París Pierre Strauch. Este convite está na xénese dunha das partituras máis recoñecidas de Enrique X. Macías. Así Estrofas irá evoluíndo e ampliando a súas dimensións primixenias ata convertirse en Antistrofas (1993-95) para violoncello só. Con posterioridade Macías continuou a traballar neste material e desenvolveu unha parte electrónica opcional coa que se presentou a obra en concerto público en dúas ocasións sen chegar a unha versión definitiva completamente do seu agrado.
Enrique X. Macías: Antistrofas (1993-95) para violonchelo só
Amando: Antistrofas. Intrahistoria dunha encomenda
Enrique X. Macías: Antistrofas (1993-95) para violonchelo e electrónica*.
*Recreación de Ángel Faraldo a partir das gravacións existentes
VERTIXE SONORA Thomas Piel, violoncello | Ángel Faraldo electrónica
1Recreación de Ángel Faraldo a partir das gravacións existentes