VIII Festival Vertixe Sonora 2020
Concerto

As Hurdes – Noite no castelo

Vertixe Sonora

Friday 24 July / 22:00H
Castelo de Soutomaior

RESERVA PREVIA DE ENTRADA (5 prazas máximo por persoa)

Espazo: espazo exterior | Aforo: público sentado en cadeiras (prazas limitadas)

Vertixe Sonora interpretará Traces II – La Cabra (2005) para recitadora, viola, e electrónica, de Martín Matalón (Arxentina, 1958) durante a proxección do documental de Luís Buñuel Las Hurdes (Terre sans pain) (1932) nunha proposta que conta coa participación da poetisa María Lado. Un programa para todos os públicos que introduce o dúo de viola, percusión e gravacións de cantos sicilianos Naturale (1985-1986) de Luciano Berio (Italia, 1925-2003).

Ao contrario de Un Chien Andalou (1929) e L’Âge d’or (1930) coas que forma un tríptico, Las Hurdes non é unha película surrealista stricto sensu; describe con imaxes crúas e impactantes unha rexión extremadamente pobre de España. Inspirada no estudo antropolóxico de Maurice Legendre Las Jurdes: étude de géographie humaine (1927) e financiada polo intelectual anarquista Ramón Acín, escandalizou a gobernantes e intelectuais do seu tempo ao mostrar unha rexión tan atrasada que “nin o pan coñecía”; que tiña coma principal fonte de ingresos a contraprestación estatal pola “acollida de nenos e nenas orfos”. O seu éxito e difusión internacional rápidamente convertiu o filme nun símbolo antifascista que denunciaba o atraso económico e sociocultural da periferia e do rural español.

A banda sonora orixinal do filme –voz en off e Cuarta Sinfonía de Brahms– é sustituída nesta ocasión pola emotiva voz en directo de María Lado nunha adaptación orixinal ao galego combinada co son da viola ao vivo manipulada dixitalmente en tempo real. A música esténdese ao longo do filme como un tapiz de sutís variacións monócromas que dialogan coas conmovedoras descricións da narración sobre a miseria humana e amplifican ou atenúan a forza das imaxes con tons de abrupta violencia e intimismo.

Completa o programa Naturale, dúo para viola, percusión e soporte fixo concebido en 1985 por Luciano Berio como unha danza derivada da transcrición de cantos sicilianos para viola e orquestra Voci (Folk Songs II). Froito das súas investigacións sobre música popular, en Naturale, Berio, mistura a interpretación en directo coa reprodución de gravacións de cantos e abbagnate, berros de vendedores ambulantes, da rexión.

 

As Hurdes – Noite no castelo (Soutomaior)

 

NATURALE (1985/86) de Luciano Berio (Italia, 1925-2003) para viola, percusión e gravacións de música folclórica siciliana.

 

LAS HURDES (TERRE SANS PAIN) (1932)

Dirección: Luis Buñuel | Axudantes de dirección: Pierre Unik, Rafael Sánchez Ventura | Produción: Ramón Acín Aquilué | Guión: Luis Buñuel, Pierre Unik, Julio Acín | Son: Charles Goldblatt, Pierre Braunberge | Fotografía: Eli Lotar | Montaxe: Luis Buñuel | Duración: 27 min

proxectada coa interpretación en directo de TRACES II – LA CABRA (2005) para viola e dispositivo electrónico en tempo real. Música orixinal para LAS HURDES (TERRE SANS PAIN) (1932) de Luís Buñuel composta por Martín Matalón (Arxentina, 1958) Música e adaptación dos textos: Martín Matalón | Tradución ao galego: Auditorio de Galicia

 

VERTIXE SONORA (participantes neste concerto) María Lado recitación | Aglaya González viola | Diego Ventoso percusión | Fernando Durán proxección | Mateo Barcia, Pablo Coello difusión sonora

+info: Noite no castelo