VIII Festival Vertixe Sonora 2020
Concerto

Capriccio detto l’ermafrodita

Ton Bruynel, Claudio Ambrosini, Theo Loevendie

Tuesday 20 October / 20:30H / 40MIN
0€
SVT Espacio de Arte
Vigo

Carlos Gálvez presenta un programa espumoso e disfrutón, de aproximadamente media hora de duración, para achegarse ao clarinete baixo con influencias folclóricas de diversas culturas e do mundo do jazz. Unha viaxe refrescante para explorar posibilidades tímbricas e sonoras a través de clásicos coma Intra (1971, rev. 1989) de Ton Bruynel (Utrecht, Países Baixos 1934 – Mailly, Francia 1998), a obra que dá título ao programa Capriccio detto l’ermafrodita (1983) de Claudio Ambrosini (Venecia, 1948) e Duo (1988) de Theo Loevendie (Ámsterdam, 1930)

 

Ton Bruynel (1934-1998) Intra (1971, rev. 1989) para clarinete baixo, banda sonora e modulador de anel
Compositor holandés. Moi influenciado pola musique concrète. En 1957 fundou o primeiro estudo electrónico de Holanda, especializándose en música escrita para electrónica e instrumentos acústicos. Intra utiliza sons transformados no estudo do clarinete como base, e o compositor descríbea como unha viaxe ao longo do tubo e as chaves do instrumento.

Claudio Ambrosini (1948) Capriccio detto l ́ermafrodita (1983) para clarinete baixo só. Compositor Italiano.
Moi influenciado por Luigi Nono e Bruno Maderna. Obra que explora as posibilidades tímbricas sonoras do instrumento, tanto polifónicas como monofónicas, e as emprega para crear un discurso musical poético e evocador.

Theo Loevendie (1930) Duo (1988) para clarinete baixo só
Theo Loevendie é actualmente un dos compositores holandeses máis prolíficos. O seu traballo ten influencias folclóricas de diversas culturas e do mundo do jazz, como é o caso de Duo para clarinete baixo só.

 

Ton Bruynel (Países Baixos1934-98)
Intra (1971, rev. 1989) [EG]
clarinete baixo, banda sonora e modulador de anel
Claudio Ambrosini (1948)
Capriccio detto l’ermafrodita (1983) [EG]
clarinete baixo só
Theo Loevendie (1930)
Duo (1988)
clarinete baixo só

EG: Estrea en Galicia


VERTIXE SONORA
Clarinete: Carlos Gálvez