VIII Festival Vertixe Sonora 2020
Universo Macías: Así Pasen 25 Anos
Relatorio

Unha sorpresa musical: aproximación á linguaxe compositiva de Enrique X. Macías

Carlos Villar Taboada

Saturday 7 November / 12:00H
Conservatorio Superior de Música
Vigo
[ninja_form id=10]

A traxectoria creativa de Enrique X. Macías exhibe un extraordinario grao de singularidade no panorama da música contemporánea galega. As súas investigacións técnicas, acompañadas dun discurso teórico reflexivo e autocrítico, coñecedor das prácticas internacionais, definen unha orixinalidade que aínda hoxe permanece viva e merece atención musicológica. Nesta conferencia ofrecerase un retrato xeral do compositor, axuntando testemuños de diversos autores e comentarios de audicións e fragmentos de partituras súas.

O principal obxectivo será contribuír a espertar o interese cara a esta figura artisticamente fascinante desde unha perspectiva musicológica.

 

Carlos Villar Taboada

Musicólogo, con premio extraordinario de licenciatura e doutoramento e estancias formativas en París e Nova York, é Profesor Titular na Universidade de Valladolid. Alí dirixiu o Grao en Historia e Ciencias da Música e actualmente é profesor do Máster de investigación en Música Hispana e coordinador do Doutoramento en Musicología e membro do Grupo de Investigación “Música, Artes escénicas e Patrimonio”. Coeditou os libros O tempo nas músicas do século XX, Música, linguaxe e significado e O últimos dez anos na investigación musical e participou en multitude de congresos e conferencias sobre análise musical e repertorios contemporáneos.

Adicou a súa tese doutoral á música contemporánea en Galicia e publicou estudos sobre métodos de análise musical e sobre a obra de compositores españois actuais, como José Luís Turina, Claudio Prieto, ou Enrique Macías, entre outros.

Desenvolve un modelo analítico orixinal, o “paradigma da logoestructura”, que integra nun único marco teórico o tres dimensións da música (morfológica, semiótica e experiencial).