O CGAC presenta a sexta edición do ciclo Música e arte. Correspondencias sonoras. Un encontro entre a música e a arte do noso tempo no que teñen cabida todas as expresións creativas actuais. O obxectivo do proxecto é dar a coñecer as estéticas máis avanzadas, os compositores máis destacados do novo panorama musical e as perspectivas de desenvolvemento máis interesantes da nova música. Baixo o comisariado de Vertixe Sonora,novos autores do panorama internacional compoñen obras orixinais a partir das exposicións, autores e obras do Centro Galego de Arte Contemporánea.
Unha vez máis, o ciclo comeza coa celebración do Día Internacional dos Museos. Nesta ocasión, Vertixe Sonora participa do evento compartindo tres das últimas obras compostas para a agrupación por Elena Rykova (Rusia, 1991), Andrés Nuño de Buen (México, 1988) e Murat Çolak (Turquía, 1984).
Con motivo da exposición Agrupar_Desagrupar: rupturas da representación, establecerase un diálogo directo entre os artistas, con obra na colección do centro, e cinco compositores. Henrik Denerin (Suecia, 1978), Eduardo Flores (Ecuador, 1960), Iván Ferrer (México, 1976), Ivo Nilsson (Suecia, 1966) e José Subía (Ecuador, 1985) daránlles voz aos artistas María Ruido, Simón Pacheco, Pamen Pereira, Jorge Barbi e Carme Nogueira, mentres que Vertixe Sonora fará unha adaptación da banda sonora orixinal The Soul of O. Nermaud, composta por Isaac Pérez Vicente e incluída na súa película MACHINES À RR.
De todos os artistas representados na mostra Coleccións públicas e privadas, Vertixe Sonora centra a mirada na figura de Louise Bourgeoise e na microexposición Entre seguridade e liberdade, que toma como eixo central pezas de Johan Grimonprez e de Thomas Ruffvinculadas a atentados aéreos coma os do 11S ou as fotografías de valos fronteirizos de Ceuta e Melilla realizadas por Xavier Ribas como monumentos á desigualdade. Teremos así cinco novas obras dos compositores Michelle Agnes (Brasil, 1979), Helga Arias (España, 1984), Joan Bagés i Rubí (España, 1977), Carlos de Castellarnau (España, 1977) e Facundo N. Llompart (Arxentina, 1979).
A mostra retrospectiva da obra realizada pola artista Eva Lootz nos anos setenta e oitenta servirá de referente para os cinco compositores do último concerto do ciclo: Heather B. Frasch (Estados Unidos, 1980), Piyawat Louilarpprasert (Tailandia), Abel Paúl (España, 1984), Javier Quislant (España, 1984) e Octavi Rumbau (España, 1980).
Como nas edicións anteriores, o ciclo converterá o CGAC nun centro de investigación e creación musical con intensas sesións de traballo entre Vertixe Sonora e os compositores en xornadas abertas ao público que incluirán os ensaios previos e charlas cos compositores.
18 DE MAIO
INTERFERENCIAS
20:30 h Celebración do DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS
Elena Rykova (Rusia, 1991) Bat Jamming* (2015) piano e dous intérpretes
Andrés Nuño de Buen (México, 1988)Tendón* (2015) saxofón, acordeón, contrabaixo e percusión
Murat Çolak (Turquía, 1984) Râh* (2015) saxofón, acordeón, violonchelo, contrabaixo, piano, percusión e electrónica
28 DE XUÑO
20:30 h AGRUPAR_DESAGRUPAR
Adaptación da banda sonora The Soul of O. Nermaud, da película MACHINES À RRde Isaac Pérez Vicente (2015-2016)
José Subía (Ecuador, 1985) Dianoia** (2016) frauta, saxofón, violín, violonchelo e electrónica
Henrik Denerin(Suecia, 1978) O ew’ge Nacht** (2016) violonchelo, piano e electrónica
Eduardo Flores(Ecuador, 1960) Cauces** (2016) frauta, saxofón, violín, violonchelo e piano
Iván Ferrer (México, 1976) Wild Ox** (2016) saxofón, violín, piano e electrónica
Ivo Nilsson (Suecia, 1966) Anacrusi** (2016) frauta, saxofón, violín, violonchelo, piano e feedback
27 DE SETEMBRO
20:30 h LOUISE BOURGEOISE / ENTRE SEGURIDADE E LIBERDADE
Helga Arias (España, 1984) Astraglossa** (2016) saxofón, acordeón, piano, percusión e electrónica
Javier M. López (España, 1969) E-Border (Término)** (2016) saxofón, acordeón e percusión
Facundo N. Llompart (Arxentina, 1979) Sesgo** (2016) saxofón, acordeón, piano e percusión
Joan Bagés i Rubí( España, 1977) Muzak** (2016) saxofón, acordeón, piano, percusión, electrónica e vídeo
Carlos de Castellarnau (España, 1977) Fragile Cells** (2016) saxofón, acordeón, piano, percusión e electrónica
20 DE DECEMBRO
20:30 h EVA LOOTZ
Octavi Rumbau (España, 1980) Bucle While** (2016) saxofón, guitarra eléctrica, contrabaixo, piano e percusión
Javier Quislant (España, 1984) Silverstimme** (2016) saxofón, guitarra eléctrica, piano e percusión
Heather B. Frasch (Estados Unidos, 1980) Quivering** (2016) saxofón, guitarra eléctrica, contrabaixo, piano, percusión e electrónica
Abel Paúl (España, 1984) Nombre y Vacío** (2016) guitarra eléctrica, contrabaixo, piano e percusión
Piyawat Louilarpprasert (Tailandia) Red de lacre** (2016) saxofón, guitarra eléctrica, contrabaixo, piano e percusión
* Encomendas de Vertixe Sonora 2015
** Estreas absolutas. Encomendas de Vertixe Sonora
ACTIVIDADES PARALELAS
26 de xuño
12:00-14:00 h Ensaios abertos cos compositores
28 de xuño
19.30 h Conversa cos compositores
25 de setembro
12:00-14:00 h Ensaios abertos cos compositores
27 de setembro
19.30 h Conversa cos compositores
18 de decembro
12:00-14:00 h Ensaios abertos cos compositores
20 de decembro
19.30 h Conversa cos compositores
A entrada a todas as actividades do ciclo é libre e gratuíta até completar as localidades.
COORDINACIÓN: Virginia Villar
Vertixe Sonora
Monika Streitova frauta | Vadzim Yukhnevich acordeón | Roberto Alonso violín | Ailsa Lewin, Thomas Piel violonchelo | Carlos Méndez contrabaixo | Rubén Barros guitarra eléctrica | David Durán piano | Diego Ventoso percusión | Xoán Xil electrónica e difusión de son | Pablo Coello saxofón e dirección musical | Ramón Souto dirección artística