Música e Arte: Correspondencias Sonoras 2014
CGAC
Santiago de Compostela
2014
Música e arte: correspondencias sonoras súmase á celebración do Día Internacional dos Museos cunha conmemoración particular: a do seu quinto aniversario, convertido o ciclo nun referente da creación musical internacional coa participación de compositores de numerosos países de Europa (Alemaña, Austria, Francia, Grecia, Holanda, Italia, Portugal, Reino Unido, Rusia, Serbia, Suecia, Suiza), América (Arxentina, Brasil, Canadá, Chile, Costa Rica, Estados Unidos, México) ou Oriente Próximo e Asia (Irán, Israel, Turquía). Nestes encontros entre música e arte teñen cabida todas as expresións creativas actuais co obxectivo de dar a coñecer as estéticas máis avanzadas, os compositores máis relevantes e as perspectivas de desenvolvemento máis interesantes da nova música. Se en edicións anteriores o CGAC acolleu até trinta estreas absolutas vinculadas directamente ás súas exposicións, durante o 2014 engádense once novas obras encargadas por Vertixe Sonora Ensemble.
Referencias clásicas da pintura, ao lado de confrontacións entre realidade e virtualidade, sociedade e tecnoloxía estarán presentes en Vínculos, o primeiro dos concertos deste ano, convertido nunha celebraciónhomenaxe a esta frutífera relación entre música e arte coa presentación en España das obras de dous compositores intimamente ligados ao labor desenvolvido por Vertixe Sonora e o CGAC, Germán Alonso (España, 1984) e Stefan Prins (Bélxica, 1979).
O segundo concerto, Posible/Imposible, estará relacionado coa á figura do artista galego Diego Santomé. Utopía e fracaso, equilibrio e inestabilidade ou referencias a obras específicas do autor servirán de argumento para as estreas de Bernardo Barros (Brasil, 1980), Francisco Castillo (México, 1983) e Miguel Matamoro (España, 1991), xunto á presentación en España da obra de Fernando Garnero (Arxentina, 1976).
Para o concerto de novembro a proposta musical vén da man de Takuto Fukuda (Xapón, 1984), Vladimir Gorlinsky (Rusia, 1984), Marek Poliks (Estados Unidos, 1989), Benjamin Scheuer (Alemaña, 1987) e Sabrina Schroeder (Canadá, 1979) baixo o título Desvelado.
En A marxe da realidade escoitaremos as novas creacións de Stefan Beyer (Alemaña, 1981), Lou Michelle (Estados Unidos, 1975), Andrés Nuño de Buen (México, 1988) e Santiago Quintáns (España, 1975), propostas musicais a partires da exposición sobre Carlos León A orde das primeiras cousas.
Paralelamente desenvolverase CAUSAL, encontro internacional de composición, un espazo para a conversa directa cos compositores antes dos concertos e ensaios abertos ao público.
PROGRAMA
18 DE MAIO I 13:00 h
VÍNCULOS
Germán AlonsoEcce Saturnus* (2013) anti-Cronia para saxofón barítono e electrónica en vivo
Stefan PrinsGeneration Kill Offspring 1* (2012) percusión, violonchelo, 2 gamecontrollers, electrónica e vídeo en vivo
25 DE XUÑO I 20:30 h
POSIBLE/IMPOSIBLE
Miguel Matamoro Outras illas**(2014) frauta, saxofón, piano e percusión
Francisco CastilloIdeario**(2014)frauta, saxofón e violonchelo
Bernardo BarrosSpill** (2014) saxofón, violonchelo, piano e percusión
Fernando GarneroBallad* (2012) frauta, saxofón, piano, percusión e electrónica
18 DE NOVEMBRO I 20:30 h
DESVELADO
Takuto FukudaCentrifugal Melodies**(2014)frauta, violín, arpa e electrónica
Vladimir GorlinskyBramputapsel #2* (2013) frauta e clarinete
Sabrina Schroeder Stircrazer: Hammer + Flutter** (2014) saxofón, arpa, piano e electrónica
Marek Poliksburi II**(2014)frauta, violín, arpa e piano
Benjamin ScheuerSerenaden** (2014) frauta, saxofón, violín, arpa, piano e electrónica
16 DE DECEMBRO I 20:30 h
A MARXE DA REALIDADE
Lou MichelleCactus** (2014) saxofón, guitarra eléctrica e piano
Andrés Nuño de BuenNudo*(2014) acordeón, contrabaixo e percusión
Santiago QuintánsBrushes** (2014) saxofón e guitarra eléctrica
Stefan BeyerMittel und Zwecke (Boulevard)**(2014)saxofón, acordeón, contrabaixo, guitarra eléctrica, piano e percusión
*Presentación en España / **Estrea absoluta. Encarga de Vertixe Sonora Ensemble
VERTIXE SONORA
Alessandra Rombolà frauta / Joaquín Meijide clarinete / Pablo Coello saxofón, gamecontroller / Vadim Yukhnevich acordeón / Roberto Alonso violín, gamecontroller / Criptana Angulo, Thomas Piel violonchelo / Carlos Méndez contrabaixo / Angélica Vázquez arpa / Rubén Barros guitarra eléctrica / David Durán piano / Diego Ventoso percusión / Ángel Faraldo electrónica, difusión de son e vídeo // Pablo Coello dirección musical / Ramón Souto dirección artística
DIRECCIÓN DO CICLO: Pablo Coello
COORDINACIÓN: Cristina Trigo