vertixe 10

Got lost

Yuko Kakuta, Yukiko Sugawara

Martes 4 Outubro / 20:30H
Paraninfo da Universidade
Santiago de Compostela

Concerto en colaboración coa asociación KYÕDÕ

Unha oportunidade única para escoitar a dúas intérpretes irrepetibles en directo. Especialistas autorizadas e máximas garantes do legado musical do grande mestre de Estugarda, o noso benquerido Helmut Lachenmann (Stuttgart, 1935) que este ano cumple o seu 86 aniversario; creador da musique concrète instrumental e probablemente o compositor alemán máis influinte nos derradeiros cincuenta anos.

Got Lost, devastadora media hora de implacable fraxilidade (técnicas experimentais estremas, arrepiantes pianissimi, austeridade sen concesións). E a continuación dous dos seus máis insignes alumnos: o parisino Mark Andre e o montevideano Álvaro Carlevaro que estrea eiquí a súa derradeira obra para voz e piano.

HELMUT LACHENMANN (Stuttgart, 1935) Got Lost música para soprano e piano (2007/2008)
MARK ANDRE (Paris, 1964)  iv 17 oito miniaturas para soprano e piano (2019)
ÁLVARO CARLEVARO (Montevideo, 1957) Bagatellen para soprano e piano (2022)*

*Estrea mundial, co apoio do Ministerium Baden-Württemberg

Yuko Kakuta, soprano | Yukiko Sugawara, piano