A batalla de Don Carnal e Doña Coresma
Ensemble Sillages
Neste segundo concerto Sillages ofrecerá unha exquisita velada de música de cámara. Na famosa pintura de Pieter Bruegel, que representa unha loita de contrarios -cuxo equivalente literario podería ser o combate entre Coresmaxestante e o Exército das Morcillas do Cuarto Libro de François Rabelais- inspírase Mauro Lanza (Venecia, 1975) para compoñer esta obra para cello e piano. Coa mesma formación escoitaremos o rabioso manifesto estético e político de Raphaël Cendo (Milán, 1956), Furia. Así mesmo a exploración da luz que acomete Luca Francesconi (Milán, 1956) en Animus II para viola e electrónica. E como remate, o segundo cuarteto do mestre mexicano Torres Maldonado (Chetumal, Quintana Roo 1968) baseado no Canto V de Altazor de Huidobro.
JAVIER TORRES MALDONADO Cuarteto de cordas n°2* para cuarteto de cordas
RAPHAËL CENDO Furiapara piano e violonchelo
MAURO LANZA A batalla de Don Carnal e Doña Coresma** para violonchelo e acompañamento de piano
LUCAS FRANCESCONI Animus IIpara viola e dispositivo electrónico
*axuda á composición do estado para o ensemble Sillages
**encomenda do ensemble Sillages e da Académie Schloss de Stuttgart
ENSEMBLE SILLAGES: Lyonel Schmit, Sullimann Altmayer violín| Gilles Deliège viola| Ingrid Schoenlaub cello | Vincent Leterme piano