V Festival Vertixe Sonora 2017
Concerto

E-PIANO _ video & electronics

Alberto Rosado

Sábado 14 Outubro / 20:30H
TEATRO PRINCIPAL
Pontevedra

O uso da electrónica fai as veces como a orquestra do século XIX en relación ao piano. A electrónica amplifica o son do instrumento; transfórmao,  manteno, envólveo. Fai do piano un instrumento moito máis “flexible”. De feito, sons como os harmónicos poden descompoñerse ou poden poñerse nun primeiro plano, resonancias que antes só podían escoitar os pianistas debido á nosa proximidade co instrumento. Así que tralo meu primeiro contacto con esa combinación cando toquei en 2001 Lo fijo y lo volátil  (1994) do español José Manuel López López comecei a buscar repertorio para este “instrumento expandido”.

Un dos meus grandes esforzos como intérprete é sempre intentar traer boa música escrita no noso tempo a todo tipo de público, tratando de ofrecelo coa mellor calidade posible. Aínda que o formato de concerto tradicional segue a ser válido para a música tradicional, se queremos atraer a outras audiencias, compositores e intérpretes, debemos tratar de atopar novas formas de difundir e facer visible o noso traballo creativo. Esta é unha das razóns polas que quería presentar as obras deste proxecto en concerto coa proxección de imaxes e así facer que o oínte non só estivese rodeado de sons, senón tamén atrapado polo visual.

Alberto Rosado

AURÉLIO EDLER-COPES. Eclipsis (2010) Vídeo: Aurélio Edler-Copes.
IÑAKI ESTRADA.  I+D (2010) Vídeo: Paloma Pájaro.
JESÚS NAVARRO. Tortured Vinyl (2015)
HILDA PAREDES. Páramo de voces (2006) Fotografías: Graciela Iturbide. Edición: Bernardo Arcos Mijailidis e Hugo López Arce.
RAMÓN HUMET. Mar i Lluna (2004)  Vídeo: Hugo Louis y Sevi Asensi
CRISTIAN MORALES OSSIO. Sept, selección (2009)  Vídeo: Taller Ciclo.
ARTURO FUENTES. Disparate Volante, (2009) Vídeo: Emmanuel Flores.

Alberto Rosado piano