“Pasar da desorde á orde pode resultar interesante, pero ir desde a desorde a unha desorde aínda maior interésame aínda máis.” Así describe o activista, artista visual, improvisador e compositor Dror Feiler (Israel, 1951), a súa estrea en España O trémulo son do significante na que desprega con descomunal enerxía, unha adrenalítica descarga de ruído sonoro. Música sen ambigüidades na que se suceden os diferentes elementos a tal velocidade e cunha densidade vertical tan marcada que producen unha especie de sobrecarga que transcende a inquietude da excitación, como na rodaxe dun filme a unha velocidade demasiado alta.
En Discourso (2017) para ensemble e electrónica Baca Lobera (México DF, 1957) explora as reaccións espontáneas a discursos alterados de políticos, e a súa propaganda no contexto musical dunha improvisación guiada. Entreambas o refinadísimo e derradeiro traballo do islandés Þráinn Hjálmarsson –“A presenza impalpable do corpo humano dentro dos sons ocasionalmente faise corpórea” – Impalpable / Corporeal (2017), especialmente escrito para Vertixe Sonora.