V Festival Vertixe Sonora 2017
Concerto

Philae

Ensemble Sillages

jueves 19 octubre / 20:30H
Nemonon
Pontevedra

O Ensemble Sillages de Brest realizará na súa exclusiva estadía en España dous únicos concertos que dan conta da versatilidade dunha das primeiras formacións francesas. No primeiro deles presentarán a obra para violín só de Alain Gaussin Philae, na que este homenaxea a un robot diminuto na inmensidade do espazo –a sonda espacial do mesmo nome–  guiado dende Europa a un obxectivo non menos minúsculo: o núcleo do cometa Tchouri. Jean-Luc Hervé revélanos o seu abraio pola especial relación entre arte e natureza en Xapón, en particular pola forma na que as arquitecturas dos xardíns están deseñadas en relación á súa contorna natural e o canto do reiseñor xaponés, o uguisu. Estas referencias están presentes na súa peza para dous violíns e electrónica. Gaussin, Hervé, dúas formas de fascinio perante o xenio humano!

ALLAIN GAUSSIN Philae* para violín só
JEAN-LUC HERVÉ En découverte para dous violíns e dispositivo electrónico

*encomenda do ensemble Sillages

ENSEMBLE SILLAGES : Lyonel Schmit, Sullimann Altmayer violín