V Festival Vertixe Sonora 2017
Concerto

Die Wanderung

Vertixe Sonora

domingo 22 octubre / 20:30H
0€
SALA DE EXPOSICIÓNS DO PAZO DA CULTURA
Pontevedra

Die Wanderung, 2016-17 para 5 instrumentos e electrónica (Kompositionsstipendium 2015 polo Departamento de Cultura da cidade de Berlín) é un ciclo de seis pezas nas que se explora o espazo como un compoñente, un parámetro máis do material sonoro. Nas tres primeiras pezas (os sós de acordeón, saxofón tenor e chelo, con electrónica en vivo) cada músico propón un material que será “lido” e analizado en tempo real pola electrónica que desenvolve, simultaneamente, un dobre do son instrumental. No segundo set (os sós de frauta e arpa e a obra final do conxunto ao completo), os instrumentistas escoitan a través de auriculares as transformacións electrónicas das tres primeiras obras e as reinterpretan. En Die Wanderung (vagabundaxe, migración), Lula Romero proponnos un diálogo continuo de interpretacións entre partitura, intérpretes e electrónica en vivo, onde o “real” non existe senón que é creado a medida que se interpreta e reinterpreta, desenvolvendo un complexo armazón no que material, estrutura e obra elabóranse e modificánse continuamente.

Kompositionsstipendium 2015 polo Departamento de Cultura da cidade de Berlín

 

Lula Romero (España1976)
Die Wanderung I (2017) [EES]
frauta, saxofón tenor, arpa, acordacordeón, electrónica en vivo
Lula Romero (España1976)
Die Wanderung II (2017) [EES]
saxofón, electrónica en vivo
Lula Romero (España1976)
Die Wanderung III (2017) [EM]
violonchelo, electrónica en vivo
Lula Romero (España1976)
Die Wanderung IV (2017) [EM]
frauta, electrónica en vivo
Lula Romero (España1976)
Die Wanderung V (2017) [EM]
arpa, electrónica en vivo
Lula Romero (España1976)
Die Wanderung VI (2017) [EM]
frauta, saxofón tenor, arpa, acordeón, violonchelo e electrónica en vivo

EM: Estrea mundial
EES: Estrea en España. Repertorio Vertixe Sonora


VERTIXE SONORA
Frauta: Clara Saleiro
Saxofón: Pablo Coello
Acordeón: Nerea Rodríguez
Violonchelo: Thomas Piel
Arpa: Angélica V. Salvi
Electrónica: Ángel Faraldo