REFLEXIÓNS
A reflexión entendida como un acto de meditación ou como un efecto óptico que en ocasións cambia a realidade —a deforma, incluso— conducindo o pensamento por camiños tortuosos ou, pola contra, mostrándonos novos puntos de vista.
Así se presenta a exposición Reflexións comisariada por Christina Ferreira Andrade a partires de fondos do CGAC en exhibición ata o 11 de outubro.
E reflexionando, comeza no mes de setembro a segunda parte da edición do ciclo Música e arte: correspondencias sonoras 2015, un encontro entre a música e a arte do noso tempo co obxectivo é dar a coñecer as últimas tendencias musicais e escénicas e os compositores máis relevantes do novo panorama musical, que presenta catro estreas absolutas dos compositores: Desmond Clarke (Reino Unido, 1989), Malte Giesen (Alemaña, 1988), Nicolas Tzortzis (Grecia, 1978) e Xoán Xil (España, 1972).
EM: Estrea mundial