TECTÓNICA
TECTÓNICA
diálogo coa exposición de Manuel Vilariño no CGAC
MARTES 16 de Xuño
19.45h. Charla preconcerto – 20.30h Concerto
MÚSICA E ARTE: CORRESPONDENCIAS SONORAS 2015
CGAC – Centro Galego de Arte Contemporánea, Santiago de Compostela
TECTÓNICA
MARTES 16 XUÑO
19.45h. Charla preconcerto
Conversa cos compositores Eduardo Caballero, Alberto Arroyo, Iker Güemes, Alfonso Mendoza e Nico Sauer, que falarán das obras que se escoitarán no concerto de Vertixe Sonora. Modera Ramón Souto —director artístico de Vertixe Sonora Ensemble—
20.30h TECTÓNICA
Concerto de Vertixe Sonora Ensemble
Eduardo Caballero (México, 1976) Negro invadiendo al blanco* (2015) saxofón, trompa, violín e cello
Pamela Madsen (EEUU) Riverly is the Moon** (2014) vibráfono e vídeo
Alberto Arroyo (España, 1989) Desde el vértice*** (2015) violín e cello
Iker Güemes (España, 1971) Grammar* (2015) percusión
Alfonso Mendoza (México, 1988) Quebranto* (2015) saxofón, percusión e electrónica
Nico Sauer (Alemaña, 1986) Kammermusik 15000* (2015) saxofón, trompa, violín, cello, piano, percusión, electrónica e vídeo
*Estrea absoluta. Encargo de Vertixe Sonora **Estrea nova versión ***Estrea absoluta. Escrita para Vertixe Sonora
VERTIXE SONORA
Pablo Coello, saxofón/ Benxamín Iglesias, trompa/ Roberto Alonso, violín/ Thomas Piel, cello/ David Durán, piano/ Diego Ventoso, percusión// Pablo Coello, dirección musical/ Ramón Souto, dirección artística
(Tectónica) quere buscar os lugares onde se gorece o silencio ou o asombro orixinal do acto creativo, tamén o esplendor das imaxes alí onde estas fulguran quizais por vez primeira.
…o que este artista vén perseguindo ao longo dun xa moi extenso proceso de traballo é, por dicilo así, o soño inesgotable e voraz da chama da vida. O seu tránsito ou a súa combustión no medio dunha continua xeración e perda. O xogo metafísico, tamén, que está feito de ausencia, promesa, resto e renacemento ou brote.
Todo na obra de Manuel Vilariño remite a este fondo impulsivo, salvaxe, inmemorial. Territorio orixinario, preverbal diriamos, onde o ouveo de Ginsberg ou os sons da música xenesíaca de Olivier Messiaen se confunden coa martelada insistente das descricións apocalípticas de The Waste Land de T. S. Eliot.
Este canto, a acción mesma do anxo, evocan sen dúbida un comezo, o tempo mítico no que o mundo aínda non existía ou estaba en proceso de aparecer. Unha dimensión cosmogónica ou plutónica que as serpes, as brétemas, as terras de lava, as areas de praias elementais e os volcáns que Manuel Vilariño adoita fotografar manifestan de forma tan plástica, superlativa.
…o artista asiste á creación do visible no invisible mesmo, ao vínculo entre a física, a vida natural e o seu principio ou impulso orixinario.
Manuel Vilariño desprega toda unha serie de lugares de presenza. Escenas de entrada para un enigma esencial; ámbitos de meditación e, ao tempo, de exposición do home ao aberto da súa existencia mesma.
Fragmentos do texto de Alberto Ruiz de Samaniego no folleto da exposición
AS OBRAS
Negro invadiendo al blanco
Riverly is the Moon, pertence á colección Luminous Etudes: Visions of the Black Madonna of Montserrat para instrumentos solistas, piano, voz, imaxes proxectadas e electrónica, investigación sonora dos beneficios dos bio-mecanismos de vibración-acústica na interpretación musical. Inspirado no eclipse lunar total do 15 de abril de 2014 (primeiro dunha serie de catro eclipses lunares totais consecutivos), baséase en materiais do Llibre Vermell de Montserrat do século XIV (P. Madsen)
A expresión Desde el vértice, fai referencia non só á situación xeográfica das costas galegas en torno aos terrenos, ao mar e á cualidade que a terra adquiriu coma límite, como fin do mundo, senón tamén á posición (achega) humanística e caseque filosófica que de ela se desprende no cambio de paradigma ao comenzo da Idade Moderna: o mariñeiro coma figura valente que se aventura a navegar hacia o descoñecido desde a vertixe xeográfica (A.Arroyo)
En Grammar, “busco unha fusión de sonoridades, traballando por capas, e empapándoas cos ingredientes traballados con múltiples e variadas técnicas para conseguir, como nun fractal, novas versións tímbricas, sempre distintas e á vez emparentadas. Poucos sons da natureza son tan característicos como o canto do cuco común. As repeticións de cada lance embadúrnanse a miúdo cos sons dos insectos e co ladrido dalgún que outro can, creando unha policromía sonora diferente de cada vez. Rememorar e recrear esta sensación noctámbula foi unha das principais razóns do esforzo no acto de composición da peza” (I. Güemes)
Quebranto xurde da inquiedanza de crear un xesto intermitente, que vai e ven periódicamente, facer un fluxo constantemente cambiante. O trazo, o quebranto do trazo (A. Mendoza)
Para Kammermusik 15000, .”..creei ferramentas que me permitisen crear contido usando só un único e sinxelo xesto, como un chorrode pintura sobre un lenzo. Picos de son, sensores infravermellos, paneis táctiles, pequenos xogos programados, funciónanme como tales ferramentas. A posibilidade de incluír todo tipo de material, sexa acústicoou visual, contribúe á vez ao procesotemporale amiña comprensión da música, que inclúe moito máis que notas escritas e interpretadas. […] Con todo, sinto a importancia de non crear unha xerarquía entre orixinal e falso. Cada son é en simesmo, e ao mesmo tempo é a representación de simesmo. Porén quero que coincidan virtualidade e realidade, o que para minsinifica:a simultaneidade do posible e o imposible, en relación a aspectos tantotécnicos como tecnolóxicos” (N. Sauer)
OS COMPOSITORES
Eduardo Caballero. México, 1976
Estuda guitarra e composición na Escola Superior de Música e Danza de Monterrey, sendo os seus mestres de composición Ramiro Guerra e José Luis Wario. Continua os estudos no Centro de Compositores de Nuevo León, IMPULS-Ensamble Academie Composition Class en Graz, Austria, e no Centro Mexicano para a Música e as Artes Sonoras (CMMAS). Recibiu clases maxistrais de composición, sendo José Luis Castillo, Beat Furer e Emanuel Nunes os que máis o influenciaron como compositor. No rubro da música electrónica estudou con Rob Worby no Hige Melton University Centre Doncaster UK; con Rodrigo Sigal e cursos de MAX/MSP con Carlos López Charles no Centro Mexicano para as Artes Sonoras CMMAS. Becado por Jóvenes Creadores FONECA 2000 e 2003, Centro de Compositores de Nuevo León 2001 e 2005. Jóvenes Creadores FONCA 2008-2009. INBA: Educación Artística 2009. Jóvenes Compositores “Practicas de Vuelo” 2010. Foi seleccionado para o Encontro de Compositores INJUVE (2001, 2002, 2004 e 2008) en Mollina-Málaga España, e nas residencias artísticas en Millay Colony of the Arts N.Y. (2006), Djerassi Resident Artists Program CA (2010) e CMMAS Residencia Artística (2010).
Gran parte da súa obra é baseada en ideas extramusicais provenintes de disciplinas artísticas como a literatura e a pintura. O xénero literario co que máis se identifica é o “Realismo máxico” (principalmente Juan Rulfo e García Márquez). Na pintura é a arte abstracta, sendo Kandisky, Siqueiros e Pollock os pintores cos que se sente máis atraído.
As súas obras foron interpretadas en países como México, España, Austria, Francia, Australia, Inglaterra e Estados Unidos, por interpretes como L´intant Donné, Ensamble do Concervatorio de las Rosas, InterConteporain Ensemble, William Lane, Wilfrido Terrazas, Arcema Ensamble, Contempoanea Ensamble de Guitarras, Orquesta de Cámara da Facultade de Música UANL, Talea Ensemble, entre outros.
Actualmente é profesor de Contrapunto, Fuga e Armonía na Facultade de Música da Universidade Autónoma de Nuevo León UANL, profesor de Composición, Director Artístico da Cameráta Tamayo, coordinador do Festival de Música Contemporánea “Ramiro Guerra” e Director do Laboratorio de Música Electrónica na Escola Superior de Música e Danza de Monterrey.
Pamela Madsen. Estados Unidos
Compositora, artista sonora, intérprete, teóricae comisariadenova música. Tanto nosseus vastos proxectos de paisaxe sonora como nas súas íntimas colaboracións multimedia ou na produciónde eventos de música nova, Pamelaten creado un corpo de traballo cunha profundaamplitude de visión. Cun Ph.D. en Composición da UCSD, estudos de doutoramento en Teoría da Música na Universidade de Yale, estudos de pos-doutoramento en Tecnoloxía Musical no IRCAM en París, e Deep Listeningcon Pauline Oliveros.
As súasobras depaisaxe sonora e dramas musicais multimedia foron encomendadase estreadaspor novos intérpretes de música como: Either/Or, soundSCAPE, Zeitgeist, Laurie Rubin, Tony Arnold, Aiyun Huang, Jane Rigler, Trio Solisti, Verdehr Trío, a flautista do ICE Claire Chase, New York New Music Ensemble, CaliforniaEar Unit, Ethel, JACK, Cuarteto de cordaArditti e Vertixe Sonora, con colaboracións cosartistas Greg MacGillivray, Camille Seaman, Quintan Ana Wikswo, Jimena Sarno e Judy Chicago. Épanelista doAlpert Award, membro do Consello da Women’s Philharmonic ecompositoraconvidadahabitualen festivais e universidades de todo o mundo. O seu proxectoactual, Luminous Etudes: Visions of the Black Madonna of Montserrat, comisionadapolos pianistas Eleonor Sandresky e Kathleen Supove, recibiu o premio de proxecto NEWMUSIC USA. Como Compositora residente no Crystal Cove State Park e ZZYZX Desert Studies Center, está creando obras para o cuarteto de percusión “Los Angeles” para o Día Mundial da Auga. Ela é comisariado Festival Anual de Música Nova, World Electro-Acoustic Listening Room Project, e noCollaborative Art Seriespara o cine na Cal State Fullerton, onde é profesora de Composición Musical, Teoría e directorado New Music Ensemble.
pmadsen@fullerton.edu
Alberto Arroyo. España, 1989
Estuda piano no Conservatorio Joaquín Turina de Madrid. Ascendido de curso de armonía e análise finaliza obtendo en 2010 Matrícula de Honra en Análise do s. XX con Rafael Eguílaz. En 2007 e 2009 recibe en Boston clases de harmonía, orquestración, contrapunto e harmonía do s. XX de Alla Cohen, profesora da Berklee College of Music e do New England Conservatory. Desde o ano 2010 ao 2014 estuda en Zaragoza no CSMA con José M. Sánchez-Verdú, Agustín Charles, H. Parra, José M. López López, Nacho de Paz, Josep Sanz e outros. En 2013 estuda como alumno de intercambio na Hochschule für Musik Carl Maria von Weber Dresden, onde é alumno de M. Tsangaris así como de J.M. Sánchez-Verdú e F.M. Olbrisch. Alí traballa e enfoca as súas obras en torno ao Teatro Musical.
O seu Proxecto Fin de Grado con A. Charles e J.M. Sánchez-Verdú como titores, reflexiona en torno á relación entre a linguaxe e a música baixo o título “Influencia da linguaxe e do pensamento na composición: Estrutura e fonética do idioma alemán e a súa repercusión en Beethoven e Lachenmann”. En 2014 termina os estudos superiores en Zaragoza con Matrícula de Honra en Análise da música do s. XX e en Alemán como lingua extranxeira.
Desde o ano 2014 estuda un máster en composición na Hochschule für Musik C.M. v Weber Dresden con M. André e M. Tsangaris, becado pola Fundación SGAE.
Finalista do Premio Fundación Autor-CNDM, sendo o “finalista más joven de la historia del certamen” .Coa súa obra “Laberintos sutiles” o Trio Sostenuto recibe en Berlín xunto a outras pezas o segundo premio do Felix Mendelssohn Bartholdy Hochschulewettweberb 2014. Finalista da Convocatoria Jóvenes Compositores TDM e seleccionado como alumno para o Taller de Composición e Experimentación Sonora 2014 e 2015 do Festival Mixtur. Becado polo Mozarteum para ser alumno da Sommerakademie con P. Dusapin. Participa na reportaxe “Jóvenes y Genios”, publicado no suplemento MujerHoy dos periódicos ABC e Heraldo de Aragón. Alumno durante tres anos do SIMMAA (Seminario Internacional de Música Antigua de Albarracín) onde profundiza en Ars Subtilior, Renacemento e Barroco. No verán de 2014 participa no Festival de Darmstadt e recibe clases de B. Ferneyhough, G. Aperghis, C. Gadenstätter, J. Sánchez-Chiong, etc. Recibe tamén clases e asiste a cursos con S. Sciarrino, T. Hosokawa, M. André, S. Steen-Andersen, S. Gubaidulina, B. Furrer, E. Mendoza, P. Hurel, F. Panisello, I. Fedele, A. Posadas, R. Lazkano, C. Maïda, C. Halffter, A. Rosado, J. Rueda, S. Krauze, J. Torres, Trío Arbós, Tasto Solo, R. Alessandrini…
As súas obras interpretáronse en Berlín, Salzburgo, Dresden, Madrid, Barcelona, Toulouse e Zaragoza por grupos como Smash Ensemble, OCAZ Grupo Enigma, Trío de Magia, Xelo Giner, Roberto Manjavacas, Academia para la Nueva Música, o Trio Sostenuto, así como en talleres co Ensemble Recherche ou Taller Sonoro.
Si intentara describir qué intento hacer en mi música, tendría que pensar en el cine de Haneke, en algunas obras del escultor Leandro Alonso o en los cuadros de Albert Alís. En todos ellos lo que vemos no se muestra de una forma evidente o completa, sino que se sugiere, se oculta. Los planos que emplea Haneke en La cinta blanca o la obra Invisibles de L. Alonso encierran un potencial que consigue algo esencial para mí: entra en juego la imaginación del espectador, del que observa, del que escucha. A.A
Iker Güemes. España, 1971
Comeza os seus estudos musicais ós sete anos na súa localidade natal para proseguir posteriormente no Conservatorio Juan Crisóstomo Arriaga de Bilbao. Estuda piano con Ana Aranguren, música de cámara con Malcolm Wright e composición con Julio Lanuza. Completa a súa formación xunto a compositores coma José Manuel López López, Beat Furrer, Isabel Mundry, César Camarero e Horacio Vaggione, e musicólogos como Laurent Feneyrou e Vincenzo Restagno, entre outros.
As súas composicións exploran sempre o comportamento sonoro e formal de elementos alleos ó discurso musical, intentando encontrar un punto de equilibrio entre o conceptual e a beleza irracional da aprehensión do tempo. O seu catálogo abarca dende
obras a solo e agrupacións camerísticas diversas, ata música para orquestra e espectáculos de danza. Recibiu encargos de diferentes conxuntos coma o Ensemble Kuraia, a compañía de danza SOC Ensemble, Trío Polaris e Duo Daqian, e as súas obras son interpretadas por solistas de recoñecido prestixio tales como Fanny Vicens, Vicent Minguet o Tomeu Moll, entre outros.
Paralelamente ós seus estudos musicais, obtén a licenciatura en Xeografía e Historia na especialidade de Historia de España e do País Vasco na Universidade de Deusto, e en 1998 ingresa por oposición no corpo de profesores de secundaria na especialidade de música.
Publicou na editorial CELYA ‘Crónicas de un oyente’ (2010).
Alfonso Mendoza. México, 1988
En 2007 inicia os seus estudos no Conservatorio de las Rosas cursando a especialidade de composición cos mestres Samuel Cedillo, Eduardo Solís e Juan Sebastián Lach. Realizou cursos de composición con Iván Naranjo, Hilda Paredes e José Luis Hurtado. A súa obra foi revisada por Robert Hp Platz, Hilda Paredes, Michael Pisaro e Kaija Saariaho, entre outros. Foi seleccionado para participar en Umbrales 2012 (CANTE, San Luis Potosí) e Visiones Sonoras 2012 e 2014 (CMMAS, Morelia), Master Class Kaija Saariaho (Morelia). A súa música foi interpretada no Festival Arte Joven de Morelia, edicións 2010 e 2011, Festival Internacional de Música de Morelia, WhiteNoise.Fest e o XXXV Foro Internacional de Música Nueva Manuel Enríquez. Obtivo o apoio FONCA Jóvenes Creadores 2013-2014. Actualmente cursa a Licenciatura en Composición no Conservatorio de las Rosas.
https://soundcloud.com/alfonso-mendoza
Nico Sauer. Alemaña, 1986
Estuda composición dende o 2010 ao 2015 con Wolfgang Rihm e Markus Hechtle na Universidade de Música de Karlsruhe, Alemaña. Na súa obra combina música instrumental e electrónica, vídeo, performance e elementos teatrais. Incorpora elemntos artísticos antagónicosnas súas obras co obxecto defacer perigar a percepción da arte ata que se acade unha nova percepción.
En NeueMusik24-TVe en NeueMusik24.de as ideas sonorasvéndense como produtos nunhademostración de venta a domicilio e nunha tenda virtual online. Nasúa peza radiofónicapara teatro musicalDeutsch-Afrika 2014emprega catálogossonorosconvertidosnunha axuda ao desenvolvementoculturalpara África e en Neue Musik für Afrika (música contemporánea paraÁfrica) ao propio público se lle convidaa escoller os sons para seren donados. En Composing Life,Nico Sauer tórnase élmesmo nun adestrador motivador que amosa como conseguir unhavidalibree auto-determinada co poder da composición.
|
CGAC SERVIZO DE ACTIVIDADES E PROXECTOS EDUCATIVOS Rúa Ramón del Valle Inclán 2, 15703 Santiago de Compostela Tel.: 981 546 623 / cgac.actividades@xunta.es / www.cgac.org |