vertixe 9
Concerto

Noites brancas

Bern A. Zimmermann, Israel López Estelche, Salvatore Sciarrino, Francisco Coll, Liza Lim, Chapman Welch

Sábado 30 Outubro / 20:45H / 1H 15MIN
0€
Concatedral de Santa María de Vigo
Vigo

Reserva a túa entrada

Afectuoso homenaxe a Isaura Abelairas (1951-2021) impulsora e amiga do festival recentemente finada. O programa percorre obras fundamentais da literatura contemporánea para viola sóa levando o instrumento ao límite das súas posibilidades. Un programa articulado a partires da Sonata para viola An den Gesang Eines Engels (Ao canto dun anxo) (1955) de Bernd Alois Zimmermann (1918-70) escrita en memoria da súa filla Barbara morta ao pouco de nacer.  Inclúe músicas de Israel López Estelche (1983), Salvatore Sciarrino (1947), Francisco Coll (1985), Liza Lim (1966) e a estrea mundial de Rural Ghost* de Chapman Welch (1973)

 

Israel López Estelche (España1983)
Pensamiento (2021) [EG]
viola
Salvatore Sciarrino (Italia1947)
3 Notturni Brillanti (1975) [EG]
viola
Francisco Coll (España1985)
Hyperlude II e V (2014/19) [EG]
viola
Chapman Welch (Estados Unidos)
Rural Ghost (2021) [EM]
viola
Bernd Alois Zimmermann (Alemaña1918-70)
Sonata para viola An den Gesang Eines Engels (1955) [EG]
viola
Liza Lim (Australia1966)
The Su Song Star Map (2019) [EG]
viola

EG: Estrea en Galicia
EM: Estrea mundial


VERTIXE SONORA
Viola: Alfonso Noriega