III Festival Vertixe Vigo 2015
concerto

Metztli

ARASH YAZDANI, NATALIA PROKOPENKO, PABLO GALAZ, EDGAR BARROSO

Domingo 29 Novembro / 18:00H
Auditorio Martín Códax
Vigo

En Metztli, lúa en náhuatl, preséntanse 5 estreas mundiais de compositores de México, Chile, Colombia, Irán e Rusia que sitúan a Vigo no epicentro da música de vangarda internacional.

Na peza de Edgar Barroso que dá título ao programa, o Harvard Horizon 2013 reflexiona sobre a escuridade e a luz, o concepto de xénero a través da dualidade home–muller.

O proxecto que presentará en Vigo Pablo Galaz, compositor chileno residente en Francia recibiu o Franz-Liszt-Stipendiat 2014 da Hochschule für Musik FRANZ LISZT de Weimar, Alemania. Completan o programa Transmittance unha reflexión sobor do concepto de extranxería —de funesta e dramática actualidade— do compositor e director iraní Arash Yazdani e Alcor da rusa Natalia Prokopenko, obra inspirada na estrela do mesmo nome situada na constelación da Osa Maior, e que forma xunto a Mizar unha estrela dobres.

PABLO GALAZ (Chile) Voluble* (2015)
ARASH YAZDANI (Iran) Transmittance* (2015)
NATALIA PROKOPENKO (Rusia, 1985) Alcor* (2015)
EDGAR BARROSO (Mexico, 1977) Metzli*** (2015)

*estrea mundial **estrea mundial co apoio do Franz-Liszt-Stipendiat 2014 ***estrea mundial co apoio de Ibermusicas e FONCA, residencia artística vertixeVIGO15

VERTIXE SONORA Alessandra Rombolá frautas | Pablo Coello saxofóns | Vadim Yukhnevich acordeón | Mario Peris violín | Ailsa Lewin violonchelo | Carlos Méndez contrabaixo | Angélica Vázquez arpa | Rubén Barros guitarra eléctrica | David Durán piano | Diego Ventoso percusión

vídeos