III Festival Vertixe Vigo 2015

Na procura do Sisili

Mércores 25 novembro, 13:45

Mércores 25 Novembro / 13:45H / 45MIN
0€
Hall da ETSE Minas DA UVigo
Vigo

Sisili é o nome do río que situado ao norte de Ghana atravesa as praderías entre Wiasi e Yagaba para acadar as montañas do parque nacional Grosa.
O compositor galego Pablo Beltrán estrea aquí a súa viaxe nas marxes cambiantes do río Sisili e fusiona sons acústicos e materiais procesados electronicamente na procura dos catro elementos e a simbiose coa cultura africana.

Completan o programa dous clásicos contemporáneos para percusión: Silence must be! do belga Thierry de Mey e a espectacular Sen VI do xaponés Toshio Hosokawa.

Pablo Beltrán (España1970)
Na procura do Sisili (2015) [EM]
Thierry de Mey (Bruxelas1965)
Silence must be! (2002)
Toshio Hosokawa (Xapón1955)
Sen VI (1993)

EM: Estrea mundial


VERTIXE SONORA
Percusión: Vicente Grau
Electrónica: Pablo Beltrán